José Miguel Galán Núñez, coñecido como Dereito ou Miguel, nado en Alvedro (Almeiras, Culleredo) e finado en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego. Traxectoria Estaba facendo o servizo militar en Lugo. Cando lle faltaban tres meses para licenciarse, desertou. Pertenceu ao grupo de Benigno Andrade García. Participou na sanción económica a Marcial Patiño Patiño de Tarrío (Culleredo) o 13 de outubro de 1949. Foi abatido en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952 con Manuel Ramiro Souto cando a Garda Civil rodeou a casa onde estaban agochados; o outro compoñente da partida, Juan Couto Sanjurjo, foi detido.La Voz de Galicia, 25-6-1952, p. 3. Soterrárono xunto á igrexa de Visantoña, e en 2024 exhumáronse os seus restos. En 2025 os seus restos leváronse ao cemiterio de Almeiras. Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Culleredo

Categoría:Finados en 1952