Elmer Figueroa Arce, máis coñecido como Chayanne, nado en San Lorenzo o 28 de xuño de 1968, é un cantante, portorriqueño que vive nos Estados Unidos de América.
Traxectoria
É fillo dunha profesora e dun director de vendas, e é o terceiro de cinco irmáns. Foi integrante dun grupo popular na década de 1980 en Porto Rico, Los Chicos. No ano 1987 grava o seu primeiro álbum en solitario, Chayanne, e comezou a combinar a súa carreira como cantante e actor. Apareceu no filme Dance with Me no ano 1998. O 28 de setembro de 2008, protagonizou un filme chamado Gabriel - amor inmortal, gravado en Miami para Mega Films. Está casado cunha venezolana, Marilisa Maronese, e ten dous fillos: Lorenzo Valentino e Isadora Sofía.
Discografía Álbums de estudio Es mi nombre (1984) Sangre latina (1986) Chayanne (1987) Chayanne (1988) Tiempo de vals (1990) Provócame (1992) Volver a nacer (1996) Atado a tu amor (1998) Simplemente (2000) Sincero (2003) Cautivo (2005) Mi tiempo (2007) No hay imposibles (2010) En todo estaré (2014)
Recompilacións Grandes éxitos (2002) Desde siempre (2005) De piel a piel (2008)
Covers Influencias (1994)
DVDs Grandes éxitos (2002) Vivo (2008) A solas con Chayanne (2012)
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Cantantes de Porto Rico Categoría:Actores de Porto Rico Categoría:Nados en Porto Rico