Georges Berger nado en Sint-Jans-Molenbeek, preto de Bruxelas o 14 de setembro de 1918 e finado en Nürburgring o 23 de agosto de 1967 foi un piloto de competición que participou cun Gordini en dous Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1.
Competiu inicialmente durante os anos 50 nun Fórmula 2 BMW-motor Jicey co cal terminou terceiro no Grand Prix des Frontières en Chimay. En 1953 competiu para o equipo Simca-Gordini e terminou quinto na mesma pista. Participou no mesmo coche (un Gordini Tipo 15 de 1.5 litros e 4 cilindros) no Gran Premio de Bélxica de 1953 pero retirouse logo de soamente tres voltas debido a unha avaría do motor. O ano seguinte correu cun Gordini logrando só unha cuarta posición en Rouen, pero de novo participou nun Gran Premio, o Gran Premio de Francia de 1954 en Reims-Gueux nun Gordini Tipo 16, pero retirouse debido a un problema na válvula de motor. Logo disto desapareceu das carreiras de monoprazas.
Máis adiante na súa carreira compartiu o Ferrari gañador no Tour de Francia Automobilístico de 1960. Morreu cando competía cun Porsche 911 en 1967 no Marathon das 84-horas en Ruta en Nürburgring.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Georges Berger Gordini Type 15 Gordini 4 en liña ARX 500 NED BELRet FRA GBR ALE SUI ITA NC 0 Georges Berger Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX 500 BEL FRARet GBR ALE SUI ITA ESP NC 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Bélxica Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos das 24 Horas de Spa