Els Ports é unha comarca situada na zona montañosa da provincia de Castelló, no País Valenciano, no límite con Aragón. A súa capital e concello máis poboado é Morella.

Xeografía Atópase no interior da comunidade, no seu extremo noroccidental. Limita ao norte co Matarranya (provincia de Teruel), ao leste co Baix Maestrat, ao sur co Alt Maestrat e ao oeste co Maestrazgo (provincia de Teruel).

Concellos Castellfort Cinctorres Forcall Herbers La Mata de Morella Morella Olocau del Rey Palanques Portell de Morella Todolella Vallibona Villores Zorita del Maestrazgo

Lingua A lingua predominante na comarca é o valenciano, a excepción do concello de Olocau del Rey, de fala castelá histórica. É a comarca con maior porcentaxe de valencianofalantes do País Valenciano, xa que máis do 80% saben falalo.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Comarcas da Comunidade Valenciana