A carpaCarpa (Cyprinus carpio). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia. común (Cyprinus carpio) é unha especie de peixes de auga doce de augas eutróficas que vive en lagos e grandes ríos de Europa e Asia.Fishbase: Cyprinus carpio carpio Linnaeus, 1758Arkive: Common carp (Cyprinus carpio) As poboacións silvestres nativas considéranse vulnerables á extinción pola IUCN, pero a especie foi tamén domesticada e introducida no medio ambiente por todo o mundo, e a miúdo é considerada unha especie invasora destrutiva, e está incluída na lista de 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo. Cyprinus carpio dálle o nome á familia Cyprinidae.
Taxonomía miniatura|A carpa común ilustrada por Alexander Francis Lydon. Presenta dúas subespecies, que son: C. c. carpio, nativa da maior parte de Europa (principalmente das cuncas do Danubio e Volga).Jian Feng Zhou, Qing Jiang Wu, Yu Zhen Ye & Jin Gou Tong (2003). Genetic divergence between Cyprinus carpio carpio and Cyprinus carpio haematopterus as assessed by mitochondrial DNA analysis, with emphasis on origin of European domestic carp Genetica 119: 93–97 C. c. yilmaz, forma presente en Anatolia, Turquía (notablemente arredor da zona de Çorum).
No pasado recoñecérase unha terceira subespecie, C. c. haematopterus (carpa do Amur) nativa do leste de Asia, pero as autoridades recentes trátana como unha especie separada co nome C. rubrofuscus.Craig, J.F., eds. (2015). Freshwater Fisheries Ecology. p. 297. Wiley-Blackwell. ISBN 978-1-118-39442-7. A carpa común e varios parentes de Asia nas súas formas puras poden ser distinguidos por merística (características cuantitativas) e tamén difiren en xenética, pero poden hibridarse, o que dificulta a distinción.Zhou, J., Wu, Q., Wang, Z. and Ye, Y. (2004). Molecular Phylogenetics of Three Subspecies of Common carp Cyprinus Carpio, based on sequence analysis of cytochrome b and control region of mtDNA. Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research 42(4): 266–269. A carpa común pode tamén hibridarse con Carassius auratus.Taylor, J., R. Mahon. 1977. Hybridization of Cyprinus carpio and Carassius auratus, the first two exotic species in the lower Laurentian Great Lakes. Environmental Biology Of Fishes 1(2):205-208.Photo of goldfish x common carp hybrid in Melton Hill Reservoir from the Tennessee Wildlife Resources Agency
Historia
A carpa común é nativa de Europa e Asia e foi introducida en case todas as partes do mundo excepto nos polos. É a terceira especie máis frecuentemente introducida no mundo, e a súa historia como peixe cultivado remóntase aos tempos do Imperio Romano. As carpas úsanse como alimento en moitas áreas, pero son agora consideradas unha praga nalgunhas rexións debido á súa capacidade de eliminar por competencia aos peixes nativos."Common Carp." Aliens Among Us. N.p., n.d. Web. 27 Oct. 2014. <http://alienspecies.royalbcmuseum.bc.ca/eng/species/common-carp >. A carpa común orixinal encontrouse nas terras do delta do Danubio hai uns 2.000 anos, e tiña unha forma de torpedo e cor amarela-dourada. Tiña dous pares de barbelas e un patrón de escamas desordenado. Os romanos construían estanques grandes para a crianza deste peixe no sur da Europa central (verificado polo descubrimento de restos de carpa común en asentamentos escavados na área do delta do Danubio). Como a acuicultura se converteu nunha rama rendible da agricultura, fixéronse esforzos para criar estes animais, e os sistemas de cultivo axiña incluíron estanques de desove e de crecemento. A área de distribución da carpa nativa tamén se estende ao mar Negro, mar Caspio e mar de Aral.
Domesticáronse tanto as subespecies europeas coma as asiáticas. En Europa, a domesticación da carpa para a alimentación foi estendida polos monxes entre os século XIII e XVI. As formas silvestres da carpa alcanzaran xa o delta do Rhin no século XII, probablemente con algunha axuda humana. Entre as variantes que se orixinaron pola domesticación están a carpa espello, coas súas grandes escamas similares a espellos na liña lateral e sen escamas no resto do corpo (orixinada en Alemaña), a carpa de coiro (practicamente sen escamas agás preto da aleta dorsal), e a carpa koi toda cuberta de escamas (chamada 錦鯉 nishikigoi en xaponés, e 鯉魚 lĭ yú en chinés), que é unha variedade ornamental domesticada orixinada na rexión xaponesa de Niigata na década de 1820, pero hoxe crese que, en realidade, a súa especie parental é probablemente unha carpa do leste de Asia, seguramente C. rubrofuscus.
Fisioloxía miniatura|300px|Cartpa silvestre holandesa
A carpa común silvestre é máis delgada que a domesticada, cunha lonxitude corporal que é catro veces a altura, carne avermellada e unha boca que sobresae cara a adiante. A carpa común pode medrar ata grandes tamaños se se lle dá alimento dabondo e espazo. A súa velocidade media de crecemento en peso é aproximadamente a metade da velocidade de crecemento de carpas domesticadas Non chegan ás lonxitudes e pesos das carpas domesticadas, as cales poden crecer a unha lonxitude máxima de 120 cm, un peso máximo duns 40 kg, e unha idade máxima rexistrada de 65 anos, pero tamén existe información fiable de carpas nishikigoi que viviron 100 anos. A carpa silvestre de maior tamaño rexistrada, pescouse con anzó en 2013 na Pesquería de Etang La Saussaie, Francia, pesaba 45,59 kg. O tamaño medio dunha carpa común é duns 40 a 80 cm cun peso de 2 a 14 kg. miniatura|300px|Esqueleto dunha carpa. miniatura|300px|Radiografía dunha carpa común
Como outros ciprínidos, as carpas comúns poden saltar da auga cando son ameazadas por depredadores, ou asustadas cando pasa unha barca.
Hábitat miniatura|300px|Carpa do río Moldava na República Checa. Aínda que é un peixe tolerante á maioría das condicións, prefire grandes corpos de auga de augas lentas ou encoradas con sedimentos brandos vexetais. Como é un peixe que forma bancos, prefiren estar en grupos de cinco ou máis. Viven na natureza en climas temperados en augas doces ou lixeiramente salobres cun pH de 6,5 a 9,0 e unha salinidade de arredor do 0,5%,Food and Agriculture Organization Fisheries & Aquaculture: Cultured Aquatic Species Information Programme – Cyprinus carpio e temperaturas de 3 a 35 °C. A temperatura ideal para eles é de 23 a 30 °C, e a desova empeza entre os 17 e 18 °C; sobreviven doadamente ao inverno en pozas cunha capa de xeo, con tal de que haxa algo de auga líquida baixo o xeo. As carpas poden tolerar auga cun nivel de oxíxeno moi baixo, sorbendo aire na superficie.
Dieta
A carpa común é omnívora. Pode tomar unha dieta herbívora de plantas acuáticas, pero prefiren buscar nos fondos insectos, crustáceos (incluíndo zooplancto e cangrexos de río), e vermes bentónicos.
Reprodución
Unha femia adulta típica poñedora de ovos pode poñer 300.000 ovos nunha soa desova. Aínda que a carpa desova normalmente na primavera, en resposta a un ascenso nas temperaturas da auga e á chuvia, as carpas poden desovar moitas veces nunha estación. Nas operacións comerciais, a desova é a miúdo estimulada usando un proceso chamado hipofisación, no que se inxecta un extracto liofilizado da pituitaria no peixe. O extracto de pituitaria contén hormonas gonadotrópicas, que estimulan a maduración das gónadas e a produción de esteroides sexuais, o que acaba promovendo a reprodución.
Predación
Unha soa carpa pode poñer un millón de ovos nun ano, pero as súas poboacións permanecen estables, polo que os ovos e as crías morren en enormes cantidades. Os ovos e as crías a miúdo son vítimas de bacterias, fungos, e unha gran variedade de pequenos depredadores que viven nas pozas. As carpas que sobreviven ata a idade xuvenil son depredadas por outros peixes como o lucio Esox lucius e o black bass Micropterus salmoides, e por diversas aves (como corvos mariños, garzas, patos como o Mergus merganser e aguias peixeiras)Cramp, S. (ed.). The Birds of the Western Palearctic volumes 1 (1977) & 2 (1980). OUP. e mamíferos (como a lontra e o visón).
Xenética miniatura|Exemplo de mutante producido a partir da carpa común (esta pesa máis de 20 kg) miniatura|Carpa no estanque de patos do Herbert Park, Dublin, Irlanda miniatura|dereita|Carpa koi alimentándose. As koi son unha variedade ornamental de carpas domésticas que se teñen en estanques de xardín. Aínda que a especie parental da koi foi antes considerada a carpa común, as autoridades recentes cren que se orixinou dunha carpa do leste de Asia, posiblemente C. rubrofuscus. A xenética de poboacións e a dinámica de poboacións silvestres foron alteradas polas manipulacións da especie feitas polo ser humano, debido aos numerosos híbridos e mutantes producidos en piscifactorías e despois introducidos na natureza para a repoboación; pero empezouse a dispoñer de marcadores microsatélites a partir da década de 1990, que deberían permitir comprender mellor a especie.Crooijmans, R. P. M. A., Van der Poel, J. J., Groenen, M. A. M., Bierbooms, V. A. F., & Komen, J. (1997). Microsatellite markers in common carp (Cyprinus carpio L.) . Animal Genetics, 28(2), 129-134 (resumo).
O xenoma mitocondrial da carpa foi secuenciado e publicado en 1994.Chang, Y. S., Huang, F. L., & Lo, T. B. (1994). The complete nucleotide sequence and gene organization of carp (Cyprinus carpio) mitochondrial genome . Journal of Molecular Evolution, 38(2), 138-155.
En 2004 demostrouse a existencia de poboacións naturais xeneticamente máis ou menos adaptadas ou tolerantes ao frío.Sun, X., & Liang, L. (2004) A genetic linkage map of common carp (Cyprinus carpio L.) And mapping of a locus associated with cold tolerance . Aquaculture, 238(1), 165-172.
Manipulacións xenéticas: Clonación : experimentouse coa xinoxénese con esta especie polo menos desde a década de 1980.J. Komen, J. Duynhouwer, C.J.J. Richter, E.A. Huisman (1988) Gynogenesis in common carp (Cyprinus carpio L.) : I. Effects of genetic manipulation of sexual products and incubation conditions of eggs (resumo). Dans Aquaculture, Volume 69, Issues 3–4, 15 de abril de 1988, páxinas 227–239.. Obtivéronse clons de femias homocigotas xinoxenéticas de carpa común por manipulación de ovos, que foron fecundados, expostos despois a un choque térmico a temperatura de 40 °C durante 2 min, 28-30 min despois da fecundación, despois "reactivados" por esperma destruído con raios ultraioleta durante a primeira metafase da mitose, dando lugar a un 5 a 15% de crías viables. Creáronse os híbridos F1 por cruzamento destas femias con machos homocigotos dunha irmandade xinoxenética. Os autores dos experimentos precisaron que: "A natureza clonal destas cepas foi demostrada de maneira inequívoca pola aceptación de aloenxertos de pel intercambiados reciprocamente"Komen, J., Bongers, A. B. J., Richter, C. J. J., Van Muiswinkel, W. B., & Huisman, E. A. (1991). Gynogenesis in common carp ( Cyprinus carpio L.): II. The production of homozygous gynogenetic clones and F1 hybrids (resumo). Aquaculture, 92, 127-142.. Poden obterse tamén carpas macho clonadas (androxénese) por manipulación de ovos por radiación ultravioleta e inactivación do xenoma feminino. Estes individuos androxénicos haploides teñen unha supervivencia elevada das larvas de 24 días despois da eclosión (78-89% da cifra inicial). Estes clons homocigotos son os utilizados para xerar as cepas isoxénicas.Bongers, A.B.J., in't Veld, E.P.C., Abo-Hashema, K., Bremmer, I.M., Eding, E.H., Komen, J., Richter, C.J.J. (1994). Androgenesis in common carp (Cyprinus carpio L.) using UV irradiation in a synthetic ovarian fluid and heat shocks (resumo). Aquaculture, Volume 122, Issues 2–3, 1 de maio de 1994, páxinas 119–132.