miniatura| miniatura|Banco de muxes en Cartaxena, España. O Mugil cephalus é unha especie de peixes mariños eurihalinos da familia dos muxílidos, un dos varios peixes desa familia que se chaman muxe, munxe, cabezudo ou limoso. É unha especie costeira especialmente diúrna que a miúdo entra en estuarios e ríos. Adoita formar bancos en fondos areosos ou de lama, alimentándose de zooplancto. Os peixes adultos normalmente aliméntanse de algas en auga doce. As especie é eurihalina, o que significa que o peixe pode aclimatarse a diferentes niveis de salinidade.Minckley, W.L. 1973. Fishes of Arizona. Arizona Game and Fish Department, Phoenix. pp. 257-258.

Características O seu dorso é verde oliva, os laterais son prateados e degrádanse a branco cara ao ventre. O peixe pode ter de seis a sete distintivas bandas horizontais laterais. Os labios son delgados. Non ten liña lateral. Adoita medir uns 50 cm, e a súa lonxitude máxima é de 100 cm. Pode chegar a un peso máximo de 8 kg.

Área de distribución A súa distribución xeográfica é ampla, sendo moi común en augas costeiras debido ás súas características, que lle permiten soportar temperaturas elevadas, salinidades variables e certos niveis de contaminación orgánica. O Mugil cephalus habita nas augas costeiras da maioría das rexións tropicais e subtropicais.Mugil Cephalus: Distribución y hábitat No Atlántico occidental, encóntrase desde a península de Nova Escocia ata a Arxentina, incluíndo o golfo de México, aínda que está ausente das Bahamas e o Caribe. No Atlántico oriental, habita desde o golfo de Biscaia ata o sur de África. Encóntrase tamén en todo o mar Mediterráneo e no mar Negro. A distribución no Pacífico oriental abrangue desde o sur de California ata Chile.

É catádromo, e pode encontrarse frecuentemente en ambientes estuarinos e de auga doce. Nos Estados Unidos pode atoparse no río Colorado.Animal abstract: Mugil cephalus ARIZONA GAME AND FISH DEPARTMENT

Reprodución Durante os meses de outono e inverno, os adultos migran dos estuarios ao mar en grandes congregacións para desovar. A fecundidade estímase en 0,5 a 2,0 millóns de ovos por femia, dependendo do tamaño do adulto. A eclosión ocorre ao cabo de 48 horas despois da fertilización, liberándose larvas de 2,4 mm de lonxitude. Cando as larvas alcanzan de 16 a 20 mm, migran a augas interiores ou estuarios, onde poden ser recollidas para a acuicultura desde finais de agosto a principios de decembro.

Pesca e acuicultura É un peixe importante na alimentación humana en todo o mundo, e péscase ou cultívase en granxas de acuicultura. As capturas pesqueiras mundiais desta especie en 2012 foron de 130.000 toneladas e a produción en acuicultura foi de 142.000 toneladas.

En Europa, en gran parte da costa mediterránea de España e Occitania e amplas zonas costeiras de Italia (Calabria, Sardeña, Sicilia, Toscana etc.) é moi valorado pola súa carne e, especialmente, polas súas ovas ou bragadas, que se preparan en salgadura e secas, que tamén se consomen en países asiáticos. En Florida e Alabama a súa carne consómese en restaurantes de marisco.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Muxe Muxílidos

Bibliografía Arthur, J.R. & Lumanlan-Mayo, S. 1997. Checklist of the parasites of fishes of the Philippines. FAO Fisheries Technical Paper No. 369. FAO, Rome, Italy. 102 pp. Badran, A.F. 1994. Preliminary investigations on streptococcosis among freshwater and marine fishes. Veterinary Medical Journal Giza, 42(1B): 257–262. Chen, S.C., Liaw, L.L., Su, H.Y., Ko, S.C., Wu, C.Y., Chaung, H.C., Tsai, Y.H., Yang, K.L., Chen, Y.C., Chen, T.H., Lin, G.R., Cheng, S.Y., Lin, Y.D., Lee, J.L., Lai, C.C., Weng Y.J. & Chu, S.Y. 2002. Lactococcus garvieae, a cause of disease in grey mullet, Mugil cephalus L., in Taiwan. Journal of Fish Diseases, 25:727–732. FAO. 1995. Code of Conduct for Responsible Fisheries. FAO, Rome, Italy. 41 pp. Harrison, I.J. & Senou, H. 1999. Order Mugiliformes. Mugilidae. Mullets. In: K.E. Carpenter & V.H. Niem (eds.), FAO species identification guide for fishery purposes. The living marine resources of the Western Central Pacific. Volume 4. Bony fishes Part 2 (Mugilidae to Carangidae), pp. 2069–2108. FAO, Rome, Italy. Oren, O.H. 1981. Aquaculture of grey mullets. (International Biological Programme No. 26). Cambridge University Press, Cambridge, England. 507 pp. Plumb, J.A. 1999. Edwardsiella Septicaemias. In: P.T.K. Woo & D.W. Bruno (eds.), Fish Diseases and Disorders, Vol. 3: Viral, Bacterial and Fungal Infections, pp. 479–521. CABI, Nova York, EUA.

Ligazóns externas

Tony Ayling & Geoffrey Cox, Collins Guide to the Sea Fishes of New Zealand, (William Collins Publishers Ltd, Auckland, New Zealand 1982) ISBN 978-0-00-216987-5 Economic marine fishes of Hong Kong Instituto Veneto di scienze, lettere ed arti environmental database on the pool of Venice Cita web

Categoría:Muxiliformes Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné