L.A. Confidential é un filme estadounidense de suspense dirixido, producido e co-escrito por Curtis Hanson. O guión foi escrito por Hanson e Brian Helgeland e baséase na novela de James Ellroy L.A. Confidential, o terceiro da serie L.A. Quartet. Ó igual que o libro, o filme conta a historia dun grupo de policías en 1953, os asuntos da corrupción e as celebridades de Hollywood.
No tempo da súa estrea, o actor australiano Guy Pearce e o neozelandés Russell Crowe eran relativamente pouco coñecidos en América do Norte, e un dos promotores do filme, Peter Dennett, estaba preocupado pola falta de estrelas coñecidas nos papeis principais. Porén, apoiou as decisións de Hanson de escoller a Kevin Spacey, Kim Basinger e Danny DeVito.
O filme recadou $126 millóns en todo o mundo e foi louvado pola crítica, conseguindo unha puntuación de 99% en Rotten Tomatoes e unha valoración de 90 sobre 100 en Metacritic. Foi nomeado a nove Premios Oscar, gañando dous: Oscar á mellor actriz secundaria para Basinger e Oscar ó mellor guión adaptado para Hanson e Helgeland; perdeu cada unha das outras categorías con Titanic. No 2015, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América seleccionou o filme para a súa preservación no National Film Registry, por ser "cultural, histórico ou esteticamente significativo".
Personaxes Guy Pearce como Det. Tenente Edmund "Ed" Exley Russell Crowe como Oficial Wendell "Bud" White Kevin Spacey como Det. Sarxento Jack Vincennes Kim Basinger como Lynn Bracken James Cromwell como Capitán Dudley Smith Danny DeVito como Sid Hudgens David Strathairn como Pierce Morehouse Patchett Ron Rifkin como Fiscal do distrito Ellis Loew Graham Beckel como Det. Richard "Dick" Stensland Amber Smith como Susan Lefferts John Mahon como Xefe de policía Worton Paul Guilfoyle como Meyer "Mickey" Cohen Matt McCoy como Brett Chase Paolo Seganti como Johnny Stompanato Simon Baker como Matt Reynolds Shawnee Free Jones como Tammy Jordan Darrell Sandeen como Leland "Buzz" Meeks Marisol Padilla Sánchez como Inez Soto Gwenda Deacon como Mrs. Lefferts Jim Metzler como Conselleiro Brenda Bakke como Lana Turner
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Curtis Hanson Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes sobre prostitución Categoría:Filmes sobre asasinos Categoría:Filmes ambientados en 1951 Categoría:Filmes ambientados en 1952 Categoría:Filmes baseados en obras de James Ellroy Categoría:Filmes de Regency Enterprises Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes preservados no National Film Registry