Antonio Branca nado en Sion, Suíza o 15 de setembro de 1916, e finado en Sierre, Suíza o 10 de maio de 1985 foi un piloto de carreiras de Suíza, competiu en tres carreiras do campionato do mundo. A súa andaina nas carreiras de motor foi financiada supostamente por unha admiradora Condesa belga, a Vizcondesa de Walkiers. Branca competiu nun Maserati 4CLT.
Andaina nas carreiras
Branca fixo o seu debut na Fórmula 1 no Gran Premio de Suíza de 1950, acabando o undécimo, e liderou brevemente a carreira de Fórmula 1 fóra de campionato no Circuíto das Nacións en Xenebra nun Simca-Gordini. Anotou unha serie de posicións no top seis noutras carreiras menores, o seu mellor final foi un cuarto posto nunha carreira da fórmula dúas no Aix les Bains Circuit du Lac, antes de participar no Gran Premio de Bélxica de 1950 e terminar en 10º lugar. Branca seguiu competindo en , retirándose no Gran Premio de Alemaña de 1951 1 e terminando sexto na carreira fóra de campionato do Gran Premio de Pescara, pero terminou de competir en Grandes Premios a finais de ano.
Branca competiu nun nivel máis baixo ata mediados dos anos 50, competindo en subidas de montaña e participou dúas veces na carreira das 24 horas de Le Mans. Correu cun Moretti 750cc, en 1955 o coche non estaba listo e non puido ser levado á liña de saída no momento do inicio, e en 1956 o coche rompeuse antes da súa quenda detrás do volante.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos Scuderia Achille Varzi Maserati 4CLT Maserati 4 en liña GBR MON 500 SUI11 NC 0 Antonio Branca BEL10 FRA ITA Antonio Branca Maserati 4CLT/48 Maserati 4 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALERet ITA ESPNCG NC 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Suíza