O gato da xungla, gato selvático ou gato do pantano (Felis chaus) é un felido nativo de Oriente Medio, Asia Meridional, o Sueste asiático e a China. É membro do xénero Felis e foi descrito por Johann Anton Güldenstädt en 1776. Johann Christian Daniel von Schreber deulle ó gato da xungla o seu nome binomial. Recoñecéronse 10 subespecies.
Subespecies Recoñécense as seguintes subespecies: Felis chaus chaus: Cáucaso, Turkmenistán, Irán, Baluchistán e Iarcanda Felis chaus affinis: Habita na rexión do Himalaia dende Caxemira e o Nepal até Sikkim e Yunnan Felis chaus fulvidina: Sueste asiático, até Birmania, Laos, Tailandia, Camboxa e Vietnam Felis chaus furax: Habita en Palestina, Siria e Iraq Felis chaus kelaarti: Sri Lanka e sueste da India Felis chaus kutas: Dende Bengala a Kutch Felis chaus maimanah: No Norte de Afganistán Felis chaus nilotica:-Propios de Exipto Felis chaus oxiana: Por toda a India Felis chaus prateri: India e Sind
Notas
Véxase tamén
Categoría:Felis Categoría:Animais descritos en 1777