Non confundir co filme Sé quién eres do ano 2000, dirixido por Patricia Ferreira Mañá.
Sé quién eres é unha serie de televisión española creada polo director Pau Freixas. Está producida por Mediaset España para Telecinco e foi estreada o 16 de xaneiro de 2017. Está protagonizada por Blanca Portillo, Francesc Garrido, Carles Francino, Eva Santolaria e Aida Folch entre outros.
Sinopse A trama céntrase no personaxe de Juan Elías (Francesc Garrido), avogado de prestixio, que tras o que parece ser un accidente, perdeu totalmente a memoria. Coa axuda da súa esposa, a xuíza Alicia Castro (Blanca Portillo), tenta recompoñer os feitos acaecidos, ao atoparse o coche accidentado. A historia adquire unha tinguidura máis sombría ao atoparse no vehículo sangre de Ana Saura (Susana Abaitua), a sobriña do matrimonio desaparecida desde hai días. O pai desta, Ramón (Nancho Novo), reitor de universidade, tratará de demostrar que Elías acabou coa vida da nova.
Personaxes Francesc Garrido é Juan Elías. Blanca Portillo é Alicia Castro. Aida Folch é Eva Durán. Carles Francino é David Vila. Antonio Dechent é Ricardo Heredia. Nancho Novo é Ramón Saura. Eva Santolaria é Marta Hess. Mar Sodupe é Silvia Castro. Susana Abaitua é Ana Saura Castro. Martiño Rivas é Marc Castro. Àlex Monner é Pol Elías Castro. Noa Fontanals é Julieta Elías Castro. Pepón Nieto é Alberto Giralt. Blanca Apilánez é a xuíza Muñoz. Montse Germán é Susana Martín. Montserrat Carulla é a avoa de Eva.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Telecinco