Os cacatúidos (Cacatuidae) son unha familia de aves que comprende as 21 especies de cacatúas, a cal é a única familia da superfamilia Cacatuoidea. Xunto cos Psittacoidea (os verdadeiros papagaios) e os Strigopoidea (os grandes papagaios de Nova Zelandia), constitúen a orde Psittaciformes. A familia ten unha distribución principalmente australasiática, que vai desde as Filipinas e a parte leste de Indonesia da rexión de Wallacea a Nova Guinea, as illas Salomón e Australia.
As cacatúas son recoñecibles polas súas aparatosas cristas de plumas e os seus peteiros curvados. A súa plumaxe xeralmente é menos colorida que a doutros papagaios, xa que é principalmente branca, gris ou negra e a miúdo con plumas coloreadas na crista, cara e cola. Como media son máis grandes que outros papagaios; porén, o Nymphicus hollandicus, que é a especie de menor tamaño, é unha ave pequena. A posición filoxenética do N. hollandicus aínda non está resolta, pero é unha das primeiras pólas que se esgallaron da árbore da liñaxe dos cacatúas. As restantes especies forman dous grandes clados. As cinco grandes cacatúas de cor negra do xénero Calyptorhynchus forman unha das pólas. A segunda e máis grande das pólas está formada polo xénero Cacatua, que comprende 11 especies de cacatúas de plumaxe branca e catro xéneros monotípicos que se separaron temperamente.
As cacatúas prefiren comer sementes, tubérculos, cormos, froitos, flores e insectos. Aliméntanse a miúdo en grandes bandadas, especialmente cando se alimentan no chan. As cacatúas son monógamas e aniñan en ocos das árbores. Algunhas especies de cacatúas foron moi prexudicadas pola perda do seu hábitat, especialmente pola escaseza de ocos nas árbores axeitados para a nidificación unha vez que son cortadas as árbores maduras; porén, algunhas especies adaptáronse ben aos cambios humanos e son consideradas pragas para a agricultura.
As cacatúas son aves populares como mascotas, pero son esixentes en canto ás súas necesidades. O Nymphicus hollandicus é a especie de cacatúa máis doada de manter e, con diferenza, é a que se ten con máis frecuencia en catividade. As cacatúas brancas téñense en catividade menos frecuentemente que as negras. O comercio ilegal de cacatúas silvestres capturadas contribúe ao declive dalgunhas especies de cacatúas na natureza.
Etimoloxía
A palabra cacatúa pode proceder do nome indonesio para este animal, que era "kakak tua" (que segundo unha hipótese significa 'irmán máis vello') ou tamén pode derivar do son da chamada que emite o animal.
Taxonomía
As cacatúas foron definidas como subfamilia Cacatuinae por primeira vez dentro da familia Psittacidae polo naturalista inglés George Robert Gray en 1840, e Cacatua foi o seu primeiro xénero e xénero tipo. Este grupo foi considerado alternativamente como familia ou como subfamilia por diferentes autoridades. O ornitólogo americano James Lee Peters na súa Check-list of Birds of the World de 1937, xunto con Sibley e Monroe en 1990 mantivérona como subfamilia, mentres que o experto en papagaios Joseph Forshaw a clasificou como unha familia en 1973. Os estudos moleculares posteriores indicaron que os primeiros que se separaron dos papagaios antepasados orixinais foron os papagaios de Nova Zelandia da superfamilia Strigopoidea, e despois separáronse as cacatúas, que forman un grupo ben definido ou clado, que se esgallou dos restantes papagaios, que despois radiaron a través do hemisferio sur e diversificáronse dando moitas especies de papagaios da superfamilia Psittacoidea.
As relacións entre varios xéneros de cacatúas están en gran medida sen resolver, e a situación de Nymphicus hollandicus na base das cacatúas segue sendo insegura. O N. hollandicus é situado alternativamente como basal a todas as especies de cacatúas, como un taxon irmán das especies de cacatúas negras do xénero Calyptorhynchus ou como un taxon irmán dun clado que consta dos xéneros de cacatúas brancas e rosas e do Probosciger aterrimus. O resto das especies están dentro de dous clados principais, un que constan das especies negras do xénero Calyptorhynchus mentres que o outro contén as especies restantes. Segundo a maioría das autoridades, o segundo clado inclúe os Probosciger negros, os Eolophus grises e avermellados, os Callocephalon e os rosados Lophochroa, aínda que Probosciger é ás veces situado como basal a todas as outras especies. As restantes especies son principalmente brancas ou lixeiramente rosadas e todas pertencen ao xénero Cacatua. O xénero Eolophus, Lophochroa e Cacatua son hipomelánicas. O xénero Cacatua é subdividido nos subxéneros Licmetis e Cacatua. As cinco especies de cacatúas do xénero Calyptorhynchus son cacatúas negras, e divídense en dous subxéneros: Calyptorhynchus e Zanda. O anterior grupo ten dicromatismo sexual, coas femias teñen predominantemente plumaxe barrado. Ambos tamén se distinguen polas diferenzas nas chamadas de petición de alimento das crías.
O rexistro fósil das cacatúas está aínda máis limitado que o dos papagaios en xeral, e só se coñece un verdadeiro fósil de cacatúa antigo: unha especie de Cacatua, máis probablemente subxénero Licmetis, encontrado en depósitos de Riversleigh, Australia do Mioceno temperán (de hai de 16 a 23 millóns de anos). Aínda que fragmentarios, os restos son similares aos de Cacatua pastinator e Eolophus. En Melanesia, atopáronse en Nova Caledonia e a illa de Nova Irlanda os ósos dun subfósil de especie de Cacatua, que aparentemente non sobreviviu aos primeiros asentamentos humanos. A relevancia destes fósiles na evolución e filoxenia das cacatúas é bastante limitada, aínda que o fósil de Riversleigh permite datar provisionalmente a diverxencia das subfamilias.
Xéneros e especies
dereita|miniatura|O Probosciger aterrimus ten un forte peteiro e meixelas vermellas. Mide de 55 a 60 cm de longo e pesa de 910 a 1200 g, e é a cacatúa máis grande. miniatura|O Calyptorhynchus latirostris no Taronga Zoo, Sydney, Australia miniatura|Lophochroa leadbeateri voando no Taronga Zoo, Australia Hai unhas 44 aves diferentes dentro da familia das cacatúa incluíndo as subespecies. A actual subdivisión desta familia é a seguinte:
Subfamilia Nymphicinae Xénero Nymphicus Nymphicus hollandicus (Kerr, 1792) Subfamilia Calyptorhynchinae: cacatúas negras Xénero Calyptorhynchus (5 especies) Subxénero Calyptorhynchus – cacatúas negras e vermellas Calyptorhynchus banksii (Latham, 1790) (5 subespecies) Calyptorhynchus lathami (Temminck, 1807) (3 subespecies) Subxénero Zanda – cacatúas brancas e amarelas/brancas Calyptorhynchus funereus (Shaw, 1794) (2–3 subespecies) Calyptorhynchus latirostris Carnaby, 1948 Calyptorhynchus baudinii Lear, 1832
Subfamilia Cacatuinae Tribo Microglossini: Un xénero e unha especie, a Probosciger negra. Xénero Probosciger Probosciger aterrimus (Gmelin, 1788) (4 subespecies) Tribo Cacatuini: Catro xéneros de cacatúas brancas, rosas e grises. Xénero Callocephalon Callocephalon fimbriatum (Grant, 1803) Xénero Eolophus Eolophus roseicapilla (Vieillot, 1817) (3 subespecies) Xénbero Lophochroa Lophochroa leadbeateri (Vigors, 1831) (2 subespecies) Xénerol Cacatua (11 especies) Subxénero Cacatua – cacatúas brancas verdadeiras Cacatua sulphurea (Gmelin, 1788) (4 subespecies) Cacatua galerita (Latham, 1790) (4 subespecies) Cacatua ophthalmica Sclater, 1864 Cacatua alba (Müller, 1776) Cacatua moluccensis (Gmelin, 1788) Subxénero Licmetis – Cacatua tenuirostris (Kuhl, 1820) Cacatua pastinator (Gould, 1841) (2 subespecies) Cacatua sanguinea Gould, 1843 (4 subespecies) Cacatua goffiniana Roselaar e Michels, 2004 Cacatua ducorpsii Pucheran, 1853 Cacatua haematuropygia (Müller, 1776)
Morfoloxía dereita|miniatura|Unha Cacatua galerita en catividade despregando a súa crista.
As cacatúas son xeralmente papagaios medianos a grandes e corpulentos, que miden de 30 a 60 cm de lonxitude e de 300 a 1200 g de peso; porén, unha especie, o Nymphicus hollandicus, é considerablemente menor e máis delgada que as demais, xa que mide só 32 cm de longo (incluíndo as súas longas plumas da cola) e pesa de 80 a 100 g de peso.. A crista móbil da cabeza, que está presente en todas as cacatúas, é espectacular en moitas especies;. elévana cando as aves toman terra despois de voar ou cando están excitadas. As cacatúas comparten moitas características con outros papagaios, incluíndo o peteiro curvado e a cigodactilia dos pés, nos que as dúas dedas medias están orientadas cara a adiante e as dúas dedas externas cara a atrás.. Diferéncianse na presenza dunha crista eréctil e a falta de textura Dyck na composición das plumas, o que causa as cores azuis e verdes brillantes dos verdadeiros papagaios.
Igual que outros papagaios, as cacatúas teñen patas curtas, garras fortes, uns andares de pato e a miúdo usan o seu forte peteiro como unha terceira pata cando trepan polas ramas. Teñen xeralmente largas e longas ás que usan para un voo rápido, chegando a velocidades de ata 70 km/h no caso dos Eolophus.. As especies do xénero Calyptorhynchus e as máis grandes cacatúas brancas, como Cacatua galerita e Lophochroa leadbeateri, teñen ás máis curtas e arredondadas e un voo máis pausado. miniatura|esquerda|Unha parella de Callocephalon fimbriatum en Australia (o macho ten plumas vermellas na cabeza). As cacatúas crean lazos de parella de longa duración.
As cacatúas teñen un peteiro grande, que manteñen afiado raspando unha mandíbula contra a outra cando descansan. O peteiro é complementado por unha gran lingua muscular que lles axuda a manipular sementes dentro do peteiro para quitarlles a casca antes de tragalas. Durante este proceso, a mandíbula inferior aplica presión, a lingua mantén as sementes no seu lugar e a mandíbula superior actúa como unha bigornia. A rexión do ollo no cranio está reforzada para soportar os músculos que moven as mandíbulas lateralmente. Os peteiros dos machos son xeralmente lixeiramente máis grandes que os das femias, pero esta diferenza en tamaño está bastante marcada no caso do Probosciger aterrimus..
A plumaxe das cacatúas é de cores menos rechamantes que a dos papagaios, e xeralmente é predominantemente negra, gris ou branca. Moitas especies teñen áreas pequenas doutra cor na plumaxe, xeralmente amarelas, rosas e vermellas, normalmente na crista e na cola.. A Eolophus roseicapilla e a Lophochroa leadbeateri teñen cores máis rechamantes en tons rosas.. Varias especies teñen unha área espida moi colorida arredor do ollo e face chamada anel perioftálmico; a gran mancha vermella de pel espida da Probosciger aterrimus é a máis extensa e cobre parte da cara, mentres que está máis restrinxida noutras especies de cacatúas brancas, especialmente nas Cacatua do subxénero Licmetis e na Cacatua ophthalmica. A plumaxe de machos e femias é similar na maioría das especies. A plumaxe da femia de Nymphicus hollandicus é de cores máis apagadas que a do macho, pero o dimorfismo sexual máis acusado dáse no Callocephalon fimbriatum e nas dúas especies de cacatúas negras do subxénero Calyptorhynchus, concretamente a Calyptorhynchus banksii e a Calyptorhynchus lathami. A cor do iris difire en poucas especies; é rosa ou vermella na femia do Eolophus roseicapilla, do Lophochroa leadbeateri e de cor marrón avermellada en femias dalgunhas especies de cacatúas brancas. Todos os machos teñen iris marróns escuros. upright|dereita|miniatura|Pé esquerdo da Cacatua alba agarrándose a unha barra e mostrando as garras, con pel escamenta e cigodactilia (as dúas dedas medias orientadas cara a adiante e as dúas externas cara a atrás).