miniatura|250x250px|Binchois (á dereita), con Guillaume Dufay. Gilles Binchois, tamén coñecido como Gilles de Binchois, Gilles de Binche ou Gilles de Bins, nado na cidade belga de Mons (Bergen en flamengo) cara a 1400 e finado en Soignies (Zinnik en flamengo) o 20 de setembro de 1460), foi un compositor francoflamengo e un dos primeiros membros da escola de Borgoña.Fallows, D. "Gilles Binchois". En The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Ed. Stanley Sadie. Londres, 1980. [ISBN 1-56159-174-2]

Aínda que é frecuente situalo en importancia por detrás dos seus contemporáneos Guillaume Dufay e John Dunstable, os estudos máis recentes indican que a súa influencia foi maior que calquera dos outros dous, xa que as súas obras foron plaxiadas e adoito reutilizadas como material orixinal para crear outras obras. Xa que logo, hoxe considérase esta tríade de compositores como a máis importante da música do século XV.

Traxectoria Nado na zona valoa de Bélxica, era fillo de Jean e Johanna de Binche, que poderían ser naturais da vila de Binche, de onde tomarían o apelido, ou dalgunha poboación próxima a ela. O seu pai era un concelleiro do duque Guillerme IV de Hainaut e tamén tivo unha posición nunha igrexa de Mons. Non se sabe nada sobre Gilles ata 1419, cando foi nomeado organista na igrexa de Santa Valdetrude, en Mons. En 1423 foise a vivir a Lille, xa en Francia. Cara a esta época é posible que servise como soldado ao servizo dos borgoñóns ou, talvez, no condado inglés de Suffolk, como se indica no motete Déploration sur a mort de Binchois, escrito por Johannes Ockeghem con ocasión da súa morte.Gilles Binchois. En Musicalics. The Classical Composres Database.Closson, E. L'origine de Gilles Binchois". En Revue de musicologie (5) 1924. Páxinas 149 a 151.

En varios momentos a finais da década de 1420 incorporouse á corte de Borgoña. Recibe instrución na catedral de Cambrai, da man de Guillaume Dufay. En 1424 entra ao servizo do primeiro duque de Suffolk, William de la Pole, e en 1430 de Filipe III de Borgoña, o Bo, ata que obtén o cargo de secretario honorario da corte en 1437. Polo seu motete Nove cantum Melodie, de 1431, parece evidente que foi tamén cantante, xa que este inclúe un texto cunha lista dos seus 19 cantantes orixinais.Gilles Binchois. En Biografías y Vidas. La enciclopedia biográfica en línea. Editorial Biografías y Vidas.

Logo de chegar a ser director da colexiata de San Vicente, en Soignies, en 1452, retirouse finalmente logo de anos de servizo á corte borgoñoa, ata o seu falecemento o 20 de setembro de 1460. Foi enterrado nesa mesma igrexa.La cllégiale Saint-Vincent. Une collégiale très musicienne . En Collegialesaintvicent.be. [En francés]

A súa obra miniatura|Gilles Binchois. Dueil angoisseux miniatura|Gilles Binchois. Triste plaisir miniatura|Gilles Binchois. Virgo Rosa miniatura|Gilles Binchois. Nous vous verens bien Binchoisé considerado como un dos mellores melodistas do século XV. As súas cancións aparecen en varias copias décadas despois da súa morte, e utilízanse adoito a posteriori como fonte para a composición doutros autores. A maior parte da súa música, mesmo a súa música sacra, é sinxela e clara na súa estrutura, ás veces mesmo en extremo. Sería difícil imaxinar un contraste maior entre Binchois e a extrema complexidade da ars subtilior. A maior parte das súas cancións seculares usan a forma de rondó, a máis común dese século. Binchois, con todo, raras veces escribiu cancións estróficas, senón que fixo de xeito independente a melodía e a rima dos versos.

Binchois escribiu música para a corte, cancións de amor e de cabalarías, a preferida dos duques de Borgoña, o que lle fixo ser moi apreciado por eles.  

Discografía Ensemble Gilles Binchois. Guillaume Dufay - Gilles Binchois. Dirección: Dominique Vellard. Harmonic. 1987.   Mon souvenir desir. Gilles Binchois, chansons. Dirección: Dominique Vellard. Virgin Veritas. 1997.Gilles Binchois. Discographie. En Musicologie.org.  

Notas

Véxase tamén Bibliografía Kirkman, A.; Slavin, D. "Binchois Studies". En Journal of the American Musicological Society. Volume 57. Número 2. Verán de 2004. Páxinas 394 a 401. Gustave Reese. La Música en el Renacimiento, I-II, Madrid, Alianza. 2006. [ISBN 978-84-206-8943-2]

Ligazóns externas Partituras de Gilles Binchois . En Choral Public Domain Library.

Categoría:Músicos de Bélxica Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Compositores franco-flamengos Categoría:Finados en 1460 Categoría:Nados en 1400 Categoría:Nados na provincia de Hainaut