Deseguido enuméranse os filmes coas maiores recadacións de todos os tempos.
Filmes coas maiores recadacións Con máis de 2,7 mil millóns USD obtidos a nivel mundial, Avatar (2009) é o filme con maiores recadacións en despacho de billetes de todos os tempos. Outro dato relevante é que as recaudacións da maioría das películas que se enumeran a continuación son principalmente da súa exposición internacional; tan só hai tres casos nos que a recadación nos Estados Unidos e o Canadá superou á internacional: O cabaleiro escuro (2008), Rogue One: A Star Wars Story (2016) e Black Panther (2018). Por outra banda, até o 2019, a lista ten un total de 24 filmes producidos e / ou distribuídos por Walt Disney Pictures, dos cales oito foron producidos por Marvel Studios e catro por Pixar. Cómpre salientar que 38 filmes foron publicados a partir do ano 2010, o que representa o 76% da lista.
Se se tomaran en conta as ganancias obtidas por cada filme por mor da súa distribución en formatos de vídeo caseiro (por exemplo, VHS, DVD, Blu-ray), ou da súa transmisión en televisión, as cifras variarían de forma significativa. Por exemplo, Titanic (1997) obtivo máis de mil millóns USD pola renda e venda das súas copias nos distintos formatos de vídeo en que foi distribuída, adicionais aos 2,2 mil millóns USD que xerou durante as súas exhibicións en salas de cine. Os ingresos de Avatar pola súa distribución en DVD e Blu-ray exceden até 2014 os 385 millóns USD, tan só nos Estados Unidos e o Canadá. Isto permítenos deducir que, ao sumar os dous tipos de ganancias para ambas as películas, obtiveron máis de 3 mil millóns USD cada unha en total. A este resultado faltarían incorporarse os ingresos polo pago de dereitos de transmisión en cadea televisiva. Polo xeral, a marxe de utilidade por concepto de pago por visión que os estudos de televisión páganlle aos produtores dos filmes chega a ser até dun 20-25 % sobre o total das recadacións obtidas en despacho de billetes. Titanic obtivo 55 millóns USD pola súa transmisión en NBC e HBO, importe equivalente ao 9 % da súa recadación en despachos de billetes dos Estados Unidos e o Canadá.
Certas películas posúen potencial para establecer unha franquía de produtos, que lle permite ampliar as súas ganancias co transcurso do tempo. Por exemplo, no caso de The Lion King (1994), durante a súa exhibición en cinemas e difusión en formatos de vídeo obtivo máis de 2 mil millóns de dólares. A súa adaptación musical xerou o triplo de ganancias a nivel mundial. Outro aspecto relevante que debe terse en conta para esta análise é o impacto da mercadotecnia na industria cinematográfica; retomando o caso do rei león, a franquía gañou máis de 3 mil millóns USD adicionais aos anteriores resultados en despacho de billetes, vídeo e teatro, debido ás vendas dos distintos produtos relacionados coa marca (xoguetes, roupa, accesorios, etc). Cars (2005), outra produción animada, obtivo unha recepción modesta en cines (462 millóns USD) en comparación a outras producións de Pixar, con todo, até 2011, os seus ingresos exceden os 8 mil millóns USD soamente pola comercialización de produtos alusivos á franquía, a pesar de que para entón xa transcorreran cinco anos desde a súa estrea en cines.
A continuación enuméranse de forma descendente as 50 películas que obtiveron as maiores recadacións como resultado da súa exhibición en salas de cine. Un total de 27 destas excederon a cifra de mil millóns USD cada unha; 28 destas estreáronse a partir de 2010. Avatar figura no primeiro posto da relación. Cabe mencionarse que esta lista tamén inclúe os distintos relanzamentos que tivera calquera película estreada a partir de 1996. Non se toman en conta os relanzamentos para filmes estreados antes deste ano pois non se analizaron os prezos dos boletos de entrada xa axustados por inflación, nin tampouco o tamaño da poboación mundial ou as tendencias de mercadotecnia que existían na sociedade daqueles anos. Os montantes exprésanse en dólares de EE.UU. A cor azul de fondo indica que a película aínda está en exhibición neste ano de consulta. + Filmes coas maiores recadacións a nivel mundial (en USD)«All Time Worldwide Box Office Grosses» (en inglés). N.º Filme Distribuidora(s) Despacho de billetes(Estados Unidos) Despacho de billetes(fóra de EE. UU.) Recadación mundial Presuposto Ano deestrea Director1 Avengers: Endgame Marvel Studios/ Walt Disney Pictures $728.447.735 (29,1 %) $1.774.000.000 (70,9 %)$2.790.591.417 $356.000.000 2019 Anthony e Joe Russo2 Avatar 20th Century Fox $760.507.625 (27,3 %) $2.027.457.462 (72,7 %)$2.789.700.000 $237.000.000 2009 James Cameron3 Titanic 20th Century Fox $658.672.302 (30,1 %) $1.528.100.000 (69,9 %)$2.186.772.302 $200.000.000 1997 James Cameron4 Star Wars: Episode VII - The Force Awakens Walt Disney Pictures $936.662.225 (45.3 %) $1.131.561.399 (54.7 %)$2.068.223.624 $245.000.000 2015 J. J. Abrams5 Avengers: Infinity War Marvel Studios/ Walt Disney Pictures $678.815.498 (33,1 %) $1.369.544.272 (66,9 %)$2.408.359.754 $400.000.000 2018 Anthony e Joe Russo6 Jurassic World Universal Pictures $652.270.625 (39,0 %) $1.019.442.583 (61,0 %)$1.671.713.208 $150.000.000 2015 Colin Trevorrow7 The Avengers Marvel Studios/ Walt Disney Pictures $623.357.910 (41,0 %) $895.455.078 (59,0 %)$1.518.812.988 $220.000.000 2012 Joss Whedon8Furious 7 Universal Studios $353.007.020 (23,3 %) $1.163.038.891 (76,7 %)$1.516.045.911 $190.000.000 2015 James Wan9Avengers: Age of Ultron Marvel Studios/ Walt Disney Pictures $459.005.868 (32.7 %) $946.408.000 (67.3 %)$1.405.413.868 $250.000.000 2015 Joss Whedon10Black Panther Marvel Studios/ Walt Disney Pictures $700.059.566 (52.0 %) $646.853.595 (48.0 %)$1.346.913.161 $200.000.000 2018 Ryan Coogler11 Harry Potter e as Reliquias da Morte - Parte 2 Warner Bros. $381.011.219 (28,4 %) $960.500.000 (71,6 %)$1.341.511.219 $250.000.000 2011 David Yates12 Star Wars: Episodio VIII - Os últimos Jedi Walt Disney Pictures $620.181.382 (46.5 %) $712.358.507 (53.5 %)$1.332.539.889 $200.000.000 2017 Rian Johnson13 Jurassic World: Fallen Kingdom Universal Pictures $417.719.760 (31,9 %) $891.764.701 (68,1 %)$1.309.484.461 $170.000.000 2018 J A Bayona14FrozenWalt Disney Pictures$400.738.009 (31,4 %)$875.742.326 (68,1 %)$1.276.480.335$150.000.0002013Chris Buck, Jennifer Lee15Beauty and the BestWalt Disney Pictures$504.014.165 (39,9%)$759.506.961 (60,1%)$1.263.521.126$160.000.0002017Bill Condon16Incredibles 2Walt Disney Pictures / Pixar$608.581.744 (49,0 %)$634.223.615 (51,0 %)$1.242.805.359$200.000.0002018Brad Bird17The Fate of The FuriousUniversal Studios$226.008.385 (18,3 %)$1 009 996 733 (81,7 %)$1.236.005.118$250.000.0002017F Gary Gray18Iron Man 3Marvel Studios / Walt Disney Pictures$409.013.994 (33,7 %)$805.797.258 (66,3 %)$1.214.811.252$200.000.0002013Shane Black19MinionsUniversal Studios$385.723.200 (29,0 %)$816.387.161 (71,0 %)$1.159.398.397$74.000.0002015Pierre Coffin20Captain America: Civil WarMarvel Studios / Walt Disney Pictures$408.084.349 (35,4 %)$745.220.146 (64,6 %)$1.153.304.495$250.000.0002016Anthony e Joe Russo21AquamanWarner Bros$335.061.807 (29,2 %)$812.600.000 (70 8 %)$1.147.661.807$160.000.0002018James Wan22Captain MarvelMarvel Studios / Walt Disney Pictures$423.777.079 (37,7 %)$700.804.201 (62,3 %)$1.124.767.022$152.000.0002019Anna Boden, Ryan Fleck23Transformers: Dark of the MoonParamount Pictures/ DreamWorks$352.390.543 (31,4 %)$771 356.453 (68,6 %)$1.123.794.079$195.000.0002011Michael Bay24The Lord of the Rings: The Return of the King New Line Cinema $377.845.905 (33,7 %) $742.083.616 (66,3 %)$1.119.929.521 $94.000.000 2003 Peter Jackson25 Skyfall Sony/MGM/Columbia $304.360.277 (27,5 %) $804.200.736 (72,5 %)$1.108.561.013 $200.000.000 2012 Sam Mendes26 Transformers: Age of Extinction Paramount $245.439.076 (22.2 %) $858.614.996 (77.8 %)$1,104,054,072 $210.000.000 2014 Michael Bay27 The Dark Knight Rises Warner Bros. $448.139.099 (41,3 %) $636.800.000 (58,7 %)$1.084.439.099 $250.000.000 2012 Christopher Nolan28 Toy Story 3 Walt Disney Pictures/ Pixar $415.004.880 (38,9 %) $651.964.823 (61,1 %)$1.066.969.703 $200.000.000 2010 Lee Unkrich29 Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest Walt Disney Pictures $423.315.812 (40,0 %) $642.863.913 (60,0 %)$1.066.179.725 $225.000.000 2006 Gore Verbinski30Rogue One: A Star Wars StoryWalt Disney Pictures$423.315.812 (40,0 %)$642.863.913 (60,0 %)$1.056.057.273$265.000.0002016Gary Edwards31Pirates of the Caribbean: On Stranger TidesWalt Disney Pictures$241.071.802 (23,1 %)$804.642.000 (76,9 %)$1.045.713.802$250.000.0002011Rob Marshall32Despicable Me 3Universal Pictures$264.624.300 (25,6 %)$770.175.109 (74,4 %)$1.034.799.409$80.000.0002017Pierre Coffin, Kyle Balda, Eric Guillon33 Parque Xurásico Universal Studios $402.453.882 (39,1 %) $626.700.000 (60,9 %)$1.029.153.882 $63.000.000 1993 Steven Spielberg34 Finding Dory Pixar/ Walt Disney Pictures $486.295.561 (47,3 %) $540.895.633 (52,7 %)$1.027.191.194 $200.000.000 2016 Andrew Stanton, Angus McLane35 Star Wars: Episode I - The Phantom Menace 20th Century Fox $474.544.677 (46,2 %) $552.500.000 (53,8 %)$1.027.044.677 $115.000.000 1999 George Lucas36Alice in Wonderland Walt Disney Pictures $334.191.110 (33,6 %) $690.108.794 (67,4 %)$1.025.467.110 $200.000.000 2010 Tim Burton37 Zootopia Walt Disney Pictures $341.268.248 (33,3 %) $682.373.199 (66,7 %)$1.023.641.447 $150 000 000 2016 Byron Howard, Rich Moore38The Hobbit: An Unexpected Journey New Line Cinema/ Warner Bros. $303.003.568 (29,7 %) $718.100.000 (70,3 %)$1.021.103.568 $315.000.000 2012 Peter Jackson39 The Dark Knight Warner Bros. $534.858.444 (53,2 %) $469.700.000 (46,8 %)$1.004.558.444 $185.000.000 2008 Christopher Nolan40 Harry Potter e a pedra filosofal Warner Bros. $317.575.550 (32,6 %) $657.179.821 (67,4 %)$974.755.371 $125.000.000 2001 Chris Columbus41 Despicable Me 2 Universal Studios $370.061.265 (37,9 %) $602.700.620 (62,1 %)$970.761.885 $76.000.000 2013 Pierre Coffin42 El rey león Walt Disney Pictures $422.783.777 (43,7 %) $545.700.000 (56,3 %)$968.483.777 $45.000.000 1994 Rob Minkoff43 The Jungle Book Walt Disney Pictures/ Buena Vista $364.001.123 (37,7 %) $601.812.816 (62,3 %)$965.813.939 $175.000.000 2016 Jon Favreau44 Pirates of the Caribbean: At World's End Walt Disney Pictures $309.420.425 (32,1 %) $654.000.000 (67,9 %)$963.420.425 $300.000.000 2007 Gore Verbinski45Jumanji: Welcome to the JungleSony / Columbia$404.564.861 (42,0 %)$557.562.066 (58,0 %)$962.126.927$90.000.0002017Jake Kasdan46 Harry Potter e as Reliquias da Morte - Parte 1 Warner Bros. $295.983.305 (30,8 %) $664.300.000 (69,2 %)$960.283.305 $250.000.000 2010 David Yates47The Hobbit: The Desolation of Smaug Warner Bros. $258,366,855 (27,0 %) $700,000,000 (73,0 %)$958,366,855 $225,000,000 2013 Peter Jackson48 The Hobbit: The Battle of the Five Armies Warner Bros. $255,119,788 (26,7 %) $700,900,000 (73,3 %)$956,019,788 $250,000,000 2014 Peter Jackson49 Finding Nemo Walt Disney Pictures/ Pixar $380.843.261 (41,5 %) $559.492.275 (58,5 %)$940.335.536 $94.000.000 2003 Andrew Stanton50Harry Potter e a Orde do FénixWarner Bros. $292.004.738 (31,1 %) $647.881.191 (68,9 %)$939.885.929 $150.000.000 2007David Yates Fonte principal: BoxOfficeMojo Última actualización: 15 de maio de 2019. Nota: En caso de existir, a cifra dalgunhas películas inclúe a súa(s) relanzamento(s) posterior(é) á súa estrea mundial.
Axuste por inflación