A tartrazina é un colorante sintético empregado como aditivo alimentario.
Características Ten unha cor entre amarela e laranxa brillante. Extraese do petróleo. Con frecuencia emprégase mesturado con outros aditivos como o E110 ou o E133 para producir cor verde. O seu consumo frecuente considérase pouco recomendable para o ser humano.
Usos Emprégase na elaboración industrial de produtos a base de peixe, mariscos, bebidas gasosas, batidos, conservas vexetais, patacas fritidas, petiscos, fariñas, sobremesas, cereais, lambonadas. flans, salsas e mostazasDescrición na web www.aditivos-alimentarios.com ..
Efectos secundarios O consumo excesivo de tartrazina esta asociado a casos de hiperactividade en nenos. En doses elevadas é un liberador de histamina, e pode agravar os síntomas da asma e producir eccema, urticaria e insomnio. Pode provocar intolerancia en persoas alérxicas o ácido salicílico. Esta prohibido o seu uso en varios estados membros da Unión Europea.
Outras denominacións Coñécese tamén polo código E102.
Referencias
Categoría:Colorantes alimentarios