Os psocodeos (Psocodea) son un grupo taxonómico de insectos que comprende os psocópteros (chamados en varios idiomas piollos dos libros e piollos das codias) e os verdadeiros piollos (Phthiraptera) . Anteriormente era considerado unha superorde, pero agora é xeralmente considerado polos entomólogos como orde. Malia a gran diferenza en aspecto entre psocópteros e piollos, crese que estes últimos evolucionaron a partir da antiga orde dos "Psocoptera". Psocodea contén unhas 11.000 especies, divididas en sete subordes.
Notas
Categoría:Insectos