Hauts-de-FranceRegional council votes for "Hauts-de-France", La Voix du Nord, 14 de marzo de 2016 é unha rexión francesa. Creada a partir da reforma territorial de 2014 coa fusión de Norte-Paso de Calais e Picardía, a nova rexión entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2016, tralas eleccións rexionais de decembro de 2015. O Consello de Estado de Francia aprobou Hauts-de-France (Alta Francia) como novo nome da rexión no día 28 de setembro de 2016. A rexión abarca unha área de máis de e contaba no 2015 cunha poboación de 6 009 976 habitantes. A súa capital e cidade máis poboada é Lille.

Toponimia O nome temporal de Nord-Pas-de-Calais-Picardie foi un termo combinado baseado na suma alfabeticamente ordenada dos nomes das agora abandonadas denominacións rexionais de Norte-Paso de Calais e de Picardía.

O 14 de marzo de 2016, con suficiente anticipación á data límite do 1 de xullo, o Consello Rexional aproba "Hauts-de-France" como o nome definitivo da rexión, supoñendo o abandono do nome provisional para o 30 de setembro de 2016.

Ao igual que sucede coa rexión do Gran Leste, o nome de Alta Francia non contén referencia algunha á historia ou identidade da área, limitándose a describir a súa posición xeográfica dentro da Francia metropolitana.

Xeografía

A rexión linda con Bélxica (Flandres e Valonia ao nordeste), co canal da Mancha e o Reino Unido (Inglaterra ) ao noroeste, así como coas rexións galas do Gran Leste ao sueste, Illa-de-Francia ao sur e de Normandía ao sueste.

Demografía

Principais poboacións miniatura|Lille miniatura|Amiens Lille (227,560; prefectura da rexión) Amiens (133,448) Roubaix (94,713) Tourcoing (91,923) Dunkirk (90,995) Calais (72,589) Villeneuve-d'Ascq (62,308) Saint-Quentin (55,978) Beauvais (54,289) Valenciennes (42,989)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Norte-Paso de Calais Picardía

Ligazóns externas Páxina oficial Merger of the regions - France 3