A avaliación de impacto ambiental (AIA) é un proceso técnico e administrativo que se aplica ós proxectos con impactos ambientais significativos. Permite identificar e avaliar, antes da aprobación dun proxecto, o impacto ambiental que pode derivar a partir da implantación de infraestruturas ou instalacións previstas e/ou do seu funcionamento posterior. En consecuencia, o obxectivo da AIA é garantir que as decisións dos órganos competentes para a aprobación destes tipos de proxectos tomen en consideración as súas repercusións medioambientais potenciais. A consulta co público é un elemento chave dos procedementos de avaliación ambiental e, en particular, da AIA.MacKinnon, A. J., Duinker, P. N., Walker, T. R. (2018). The Application of Science in Environmental Impact Assessment. Routledge.Eccleston, Charles H. (2011). Environmental Impact Assessment: A Guide to Best Professional Practices. Chapter 5.
Esta técnica presenta, polo tanto, a variable ambiental na toma de decisións en proxectos cun grande impacto sobre o medio ambiente e demostrou ser o xeito máis eficaz para evitar agresións á natureza. Ofrece máis fiabilidade e confianza tendo en conta as decisións que se teñen que adoptar, xa que permite elixir, entre as diferentes alternativas posibles, a que mellor respecte o interese xeral dende a perspectiva global e integrada, e tendo en conta todos os efectos derivados da actividade prevista.«Generalitat de Catalunya. miniatura|O proxecto e a construción das estradas está suxeito a avaliación de impacto ambiental.|centro Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Generalitat de Cataluña. Departamento de Territorio e Sostibilidade. Empresa e Avaliación Ambiental Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Calidad y evaluación ambiental Asociación internacional para a Avaliación de Impacto (IAIA) Asociación Española de Evaluación de Impacto Ambiental
Categoría:Contaminación