thumb|Ferrol visto dende Brión. Os montes de Brión son unha chaira de monte baixo situada en Brión (Ferrol), entre a ría de Ferrol e o val de Doniños. Son 220 ha, cubertas principalmente por toxo, e de propiedade municipal. Está situado a entre 200 e 250 metros de altitude, e neles catalogáronse 39 mámoas, algunhas delas intactas.
O 25 de agosto de 1800 tivo lugar a batalla de Brión, na que unha frota inglesa de 15 000 soldados enfrontouse na Chá de Brión aos defensores de Ferrol, uns 5 000 efectivos. O día 27 volveron embarcar en Doniños.La Batalla de Brión, 25 de agosto de 1800
Durante o franquismo o monte foi expropiado. En 2004 o monte foi cedido ao concello de Ferrol para a construción dun centro loxístico para o porto exterior de Ferrol, proxecto que non se chegou a realizar. Dende entón os veciños sosteñen un litixio pola titularidade do monte. O proxecto para achegar o tren ao porto exterior de Ferrol proxecta un túnel baixo o monteFomento dálle luz verde ao polémico trazado sur do tren ao porto exterior de Ferrol praza.gal.
Topónimos Cha de Brión Montes do Gato
Notas
Categoría:Ferrol Categoría:Montañas de Galicia