219x219px|miniatura|A trompa dos elefantes é unha probóscide.

A probóscide é un apéndice alongado e tubular situado na cabeza dun animal.

Usos O seu uso máis común é para comer e absorber, como é o caso de certos invertebrados como as bolboretas (nas que se chama espiritrompa), as frigáneas (haustelo), nalgúns vermes, etc.

Nos mamíferos miniatura|Probóscide dun molusco do xénero mitra. A trompa dos elefantes (os proboscídeos), os tapires e os dalgúns simios, como o Nasalis larvatus (mono narigudo), tamén é chamada ás veces probóscide.

Nos invertebrados Probóscide é un termo que adoita empregarse para referirse maioritariamente ao prolongamento do aparato bucal dalgúns invertebrados (especialmente nos artrópodos) en contraposición á palabra trompa, usada como sinónimo de probóscide nos vertebrados.

Etimoloxía

Probóscide O termo probóscide procede da palabra latina proboscis, que é unha latinización da palabra do grego antigo προβοσκίς proboskis "trompa" (e tamén "tentáculo" dos cefalópodos),προβοσκίς, Henry George Liddell, Robert S, A Greek-English Lexicon, on Perseus Digital Library a cal é o resultado de combinar o prefixo προ- pro- (derivado de πρό pró, "antes, diante"),πρό, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus Digital Library. e o verbo βόσκω bóskō, "alimentar, nutrir".βόσκω, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus Digital Library.

miniatura|219x219px|Ornithoptera priamus, coa súa longa probóscide.

O acusativo latino é proboscidem, sendo este a orixe da palabra en galego.PROBÓSCIDE no Gran Dicionario Xerais da lingua, Vigo, Xerais, 2009, volume II, ISBN 978-89-9914-072-8.

Espiritrompa O termo espiritrompa provén do francés spiritrompe e, a súa vez, do latín spira, -ae ('espiral') e o francés trompe (que significa 'trompa'). Este termo é utilizado en zooloxía para describir o aparato bucal consistente nun longo tubo que o animal usa para chupar o néctar das flores e que logo recolle arrolándoo en espiral​​. En canto á súa historia nomenclatural, os lepidópteros foron clasificados por Fabricius no s. XVIII como insectos con pezas bucais succionadoras, denominándoos "Glossata". Outros científicos, como Clairville e MacLeay, crearon o taxon "Haustellata" para clasificar aos lepidópteros con estas características. O termo "haustellum" refírese a calquera estrutura usada para absorber alimentos líquidos. No século XX, Ross et al. (1982) clasificaron o sifón de lepidópteros como "sifón tipo" de pezas bucais. Chaudonneret (1986) tamén discutiu a estrutura da probóscide dos lepidópteros, denominándoa "spiritrompe des palillons", englobando pezas bucais haustoriadas e sifonadas baixo unha denominación máis ampla.

O termo é usado como título e figura estilística nun conto de Manuel Rivas, levado ao cine como A lingua das bolboretas por José Luis Cuerda.Dado que o termo "espiritrompa" ten un uso relativamente recente na literatura científica, non sería plausíbel que se fose utilizado en 1936. Naquela época o tempo empregado era posibelmente "probóscide" ou simplemente "trompa". En "A lingua das bolboretas", a elección do termo "espiritrompa" pode reflectir unha liberdade literaria para transmitir a complexidade emocional da relación entre o neno e o mestre, mesmo non sendo historicamente exacto.

Notas

Véxase tamén

Boca Trompa Entomoloxía Lepidópteros Fisioloxía Fisioloxía dos insectos

Categoría:Anatomía animal Categoría:Termos zoolóxicos