Vento ferido é un libro de narrativa, composto por unha ducia de relatos breves, en galego, do ourensán Carlos Casares Mouriño, acompañados de catro ilustracións de Xulio Maside. Publicado por vez primeira en 1967 pola Editorial Galaxia."O Día das Letras Galegas de 2017 estará dedicado a Carlos Casares", RAG, 9/7/2016.
Descrición Os títulos das narracións que inclúe o texto son:
miniatura|Un fragmento do Nacemento de Venus de Botticelli empregouse para ilustrar a portada de Vento ferido Imaxe da portada dunha edición de Vento ferido de Galaxia.. "O xogo da guerra" "Coma lobos" "Cando cheguen as chuvias" "Monólogo"15px Vento ferido, monólogo en ogalego.gal. "Agarda longa ao sol" "A capoeira" "Vou quedar cego" "A tronada" "O Xudas" "A rapaza do circo" "O outro verán" "Aparecerá pola esquina"
Debido ao relato dun paseo que se fai no conto "Coma lobos", a obra sufriu un intento de secuestro pola censura, que Francisco Fernández del Riego, avisado, evitou sacando os exemplares da editorial e agochándoos. Cando chegou a policía dixéronlles que xa se venderan todos. Logo diso, fíxose e distribuíuse unha segunda edición, reimprimindo a primeira, sen mudarlle a data.
Edicións, traducións e obras derivadas miniatura|Outro fragmento, neste caso da Morte de Procris, de Piero di Cosimo, empregouse para ilustrar a portada doutra edición. Tres dos relatos, "Cando cheguen as chuvias", "Monólogo" e "Agarda longa ó sol", foran xa publicados no número 7 da revista Grial correspondente a xaneiro-febreiro-marzo de 1965. O libro apareceu, sucesivamente, nas coleccións Illa Nova, Galaxia·narrativa e Biblioteca Carlos Casares.
Foi publicado en inglés, co título Wounded Wind, pola editorial Planet (tradución de Rosa Rutherford, 2004)Vento ferido na BITRAGA.; en castelán, co título Viento herido, polas editoriais Alborada (colección «La Locomotora», 1988), Punto de Partida (tradución de Mónica Álvarez, 2010) e Impedimenta (tradución de Cristina Sánchez-Andrade 2022, ilustracións de Xulio Maside) e en esperanto, co título de Vundita vento, pola editorial Espero (tradución de Suso Moinhos, 2019). Hai tamén traducións dalgúns relatos ao italiano e ao inglés.
Inspirada no libro, en 2015 fíxose unha curtametraxe dirixida por Miguel Grandío.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
(2012). "A traxectoria narrativa de Carlos Casares" en: AAVV: Revista Grial n.º 196, xaneiro de 2013.
Outros artigos Xoguetes para un tempo prohibido Os escuros soños de Clío Ilustrísima
Ligazóns externas 'Vento ferido', medio século do nacemento dun clásico RAG, 10/2/2017. 20px Vento ferido, a curtametraxe na páxina web da UVigo.
Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de 1967 Categoría:Carlos Casares Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Novelas ambientadas en Galicia