Olià é unha pequena aldea do concello de Bellver de Cerdanya, na comarca da Cerdanya, na provincia de Lleida, na vigairía de l'Alt Pirineu i Aran (Cataluña).

Situación xeográfica e vexetación Sitúase a 1.080 m de altitude.

Ao norte de Olià está o Parque Natural do Cadí-Moixeró. Ao sur sitúase a aldea de Santa Eugènia de Nerellà e máis tarde o concello de Bellver de Cerdanya. E, finalmente, ao nordeste sitúase a montaña do Serrat de Nas, moi cerca da aldea de Nas.

Olià está rodeado principalmente por bosques de piñeiros e freixedos e, en menor medida, de ameneiros, salgueiros, carballos, abeleiras, xenebreiros, moreiras e chopos.http://www.icc.cat/vissir3/

Demografía No ano 2018 tiña 11 habitantes. https://www.lleida.com/poblacions/bellver-de-cerdanya

Igrexa de Santa Eugènia de Nerellà Como Olià non ten nin tivo xamais ningunha igrexa, a xente da aldea depende da Igrexa de Santa Eugènia de Nerellàhttp://www.poblesdecatalunya.cat/element.php?e=1014http://www.catalunya.com/esglesia-de-santa-eugenia-de-nerella-17-16003-246?language=cat

Actualmente, as tres aldeas celebran cada ano a súa festa maior e unha misa o primeiro domingo de agosto, coincidindo coa chegada de xente das segundas residencias.

Os pobos de Olià, Nas e Santa Eugènia de Nerellà son pobos irmáns. miniatura|Igrexa|143x143px|ningún

Ruta dels Segadors (Ruta dos Segadores) ou GR-150 Entre as varias rutas que cruzan Olià destaca a Ruta dels Segadors-GR-150 que, procedente da aldea de Nas, entra Olià e segue cara á aldea de Pi.

GR-150 A ruta GR-150 é unha ruta composta por 9 etapas. A etapa 6 da GR-150 é a etapa que pasa pola aldea de Olià.http://senders.feec.cat/gr-150

Notas

Categoría:Provincia de Lleida