Baldomero Gutiérrez Alba, nado en Vilarello (Cervantes) en 1914, foi un guerrilleiro anarquista galego.
Traxectoria A raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu pai Juan Gutiérrez Santín foi sacado da casa por falanxistas o 20 de agosto e asasinado, e Baldomero botouse ao monte cos seus irmáns Abelardo e Jovino. Foi detido en xuño de 1940. En 1943 botou medio ano en Barcelona e despois regresou a Galicia. En 1945 foi procesado con Segundo Alba Digón e Corsina Martínez no sumario 180/45 polo delito de agresión a forza pública, facéndose requisitoria para que se presentase.La Voz de Galicia, 10-7-1945, p. 4. En 1947 pasou clandestinamente a Francia. Retornou para preparar a fuga da súa nai e de dous dos irmáns a Francia. Nun choque coa Garda Civil foi ferido de dous balazos nunha perna.Orden de la Comandancia del 19 de enero de 1948. Dado, León En 1948 foi detido en Barcelona. Xulgado en outubro de 1949 por "auxilio a bandoleros", foi condenado a 20 anos. Pasou polas prisións de León e Colonia Penitenciaria del Dueso, de onde saíu en liberdade condicional en marzo de 1953.BOE, 17-8-1956, p. 5377.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Os fuxidos III: Guerrilleiros por tierras de Cervantes Ficha en Represión franquista en Lugo Expediente procesual de Baldomero Gutiérrez Alba
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes