O Crailsheim Merlins, coñecido por motivos de patrocinio como HAKRO Merlins Crailsheim, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Crailsheim, Baden-Württemberg. O club actualmente xoga na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Fundado en 1986, desde 2005 xoga os seus partidos como local no Arena Hohenlohe, pavillón con capacidade para 3.000 espectadores.
Historia O Crailsheim Merlins foi fundado o 31 de xaneiro de 1986. Na temporada 2013–14 os Merlins ascenderon á Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto alemán, despois de chegar ás finais da ProA. Esa temporada, o equipo acabou en segundo lugar na liga regular e nos playoffs foi quen de eliminar ao Oettinger Rockets Gotha (3−1) e ao rent4office Nürnberg. Na final polo título da segunda división, xa co ascenso conseguido, os Merlins perderon ante o BG Göttingen por un marcador global de 174 a 162. Xa na primeira división, o equipo consegue salvar a categoría debido ao descenso administrativo dos Artland Dragons. Con todo, na temporada 2015–16, o equipo non consegue repetir e regresa á ProA. No primeiro ano após o descenso o equipo consegue acabar na segunda posición en Liga regular, mais perden en primeira rolda ante o Oettinger Rockets Gotha. Na temporada 2017−18 o equipo volve a finalizar segundo e, despois de eliminar nos playoffs ao White Wings Hanau e ao Gladiators Trier, o equipo consegue regresar á máxima categoría.
Patrocinadores Por motivos de patrocinio o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia: Crailsheim Merlins (1986−2007) Proveo Merlins Crailsheim (2007−2009) Crailsheim Merlins (2009−presente)
Temporadas AnoNivelLigaPlayoffsCopa 2009–10 2 ProA 6 – 2010–11 2 ProA 6 – 2011–12 2 ProA 4 Semi-finalist 2012–13 2 ProA 11 – 2013–14 2 ProA 2 Subcampións 2014–15 1 BBL 18 Descenso 2015–16 1 BBL 18 Descenso 2016–17 2 ProA 2Cuartos de final 2017–18 2 ProA 2 Subcampións 2018–191 BBL16 2019–201 BBL10 Oitavos de final2020–211 BBL 5Cuartos de final Fase de grupos
Xogadores Destacados Yorman Polas Bartolo Konrad Wysocki Maurice Stuckey Tuukka Kotti Jonathan Moore Matt Stainbrook Stevie Johnson Willie Young
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Crailsheim Merlins