O Instituto de Ensino Secundario Monte Castelo é un centro educativo público situado en Burela (Lugo). Imparte ensino de educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior. Ademais, conta cunha sección da EOI de Viveiro, o programa CUALE e Aula Mentor.
Depende da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. Sitúase entre o centro adscrito, CEIP Vista Alegre, e o IES Perdouro.
Ensinanzas O centro imparte educación secundaria obrigatoria a adolescentes e a súa equivalente para persoas adultas (ESA) na modalidade presencial. En canto ao bacharelato, impárteo nas súas tres modalidades: Artes Plásticas (o único centro da comarca da Mariña que o imparte), Ciencias e Tecnoloxía, e Humanidades e Ciencias Sociais; na modalidade para persoas adultas, impártese os anos que hai alumnado.
En canto aos Graos de Formación Profesional (FP), o centro imparte http://www.edu.xunta.gal/fp/centro/27013958#oferta Consultado o 24 de xullo de 2025. : O Grao D2 (Medio) de Coidados Auxiliares de Enfermaría, con oferta tanto ordinaria (matrícula obrigada en tódolos módulos dun curso) como modular (matrícula por módulos), ambas ofertas en modalidade presencial, podendo ser a oferta modular tanto polo réxime xeral (co módulo de Formación en Centros de Traballo realizando prácticas non remuneradas en diversas empresas e entidades públicas e privadas da contorna) como polo réxime dual intensivo (con estadía práctica remunerada en empresas do sector sociosanitario). O Grao D3 (Superior) de Química e Saúde ambiental, con oferta ordinaria presencial con posibilidade de cursar réxime xeral ou intensivo. O Grao D3 (Superior) de Ensinanza e Animación Sociodeportiva, con oferta ordinaria presencial en réxime xeral. O Grao D3 (Superior) de Prevención de Riscos Profesionais, de recente implantación, como oferta modular parcial a distancia.
A maiores, a oferta do centro complétase cunha sección da Escola Oficial de Idiomas Luz Pozo Garza de Viveiro que imparte todos os niveis de inglés (dende A1 a C2).
Proxectos Entre os proxectos nos que participa o centro, están: O programa Erasmus. Intercambios con outros centros, como o CEIP de San Román. Actividades de prevención do consumo de drogas. Actividades de promoción do deporte. A montaxe Non cales. Fala, realizada por 1º de bacharelato, que gañou o segundo premio na modalidade audiovisual da Concellería de Promoción do Emprego e Igualdade con motivo do 25-N.
Notas
Monte Castelo Categoría:Burela