Alejandro Lamela, nado en Lugo en 1910 e finado en Tolosa en marzo de 1991, foi un líder anarcosindicalista galego.

Traxectoria Participou nos eventos da revolución española de 1936 como membro da CNT e a Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL). Durante a retirada en febreiro de 1939 do exército republicano no remate da Guerra Civil Española marchou a Francia, alí pasou por varios campos de traballo en compañías de traballadores estranxeiros. Ao remate da segunda guerra mundial estableceuse en Clermont-Ferrand. Alí, dirixiu o Boletín Ródano-Alpes (1956-1961) con Antònia Fontanillas Borràs e Abel Paz e colaborou con boa parte da prensa anarquista española no exilio como Le combat syndicaliste, Cenit, Nueva Senda, Espoir ou La Escuela ModernaDictionnaire des militants anarchistes. Foi membro da comisión de relacións da CNT do Macizo Central e o derradeiro secretario xeral da CNT no exilio, elixido en Marsella en agosto de 1975 no Congreso de Federacións Locais. Deixou o cargo en agosto de 1976 a Juan Gómez Casas, primeiro secretario do interior desde 1936, daquela nunha situación de semilegalidade. Estableceuse en Tolosa, e alí morreu en 1991.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Alejandro Lamela

Categoría:Exilio galego Categoría:Secretarios Xerais da CNT Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes