Running Brave é un filme estadounidense dirixido por D.S. Everett e Donald Shebib que se estreou no ano 1983. Baséase na vida de Billy Mills, un atleta nativo americano da tribo síux dos Oglagla Lakota, que se converteu no mellor corredor de longa distancia do mundo nos Xogos Olímpicos de 1964 en Toquio.

Nunha das grandes remontadas da historia do deporte, o corredor Billy Mills esprintou dende a terceira posición para acadar a medalla de ouro na carreira de 10 000 metros nas Olimpiadas de Toquio. Robby Benson interpreta a Mills, e tamén aparecen Pat Hingle e Graham Greene.

Personaxes Robby Benson como Billy Mills Pat Hingle como adestrador Bill Easton Claudia Cron como Pat Graham Greene como Eddie Wendell Smith como Chris Mitchell

Notas

Categoría:Filmes de 1983 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Donald Shebib Categoría:Filmes sobre nativos americanos Categoría:Filmes rodados en Edmonton Categoría:Filmes sobre atletismo Categoría:Filmes ambientados en 1964