O CP 200 era un computador doméstico brasileiro producido pola empresa Prológica a partir de 1982. Era compatíbel en software e hardware co Sinclair ZX81 británico, aínda que fose unha copia menos fidedigna do que as máquinas concorrentes (TK82C e TK83). Foron comercializados dous modelos, que tiñan a aparencia exterior ben similar, mais o primeiro modelo que saíu tiña o logotipo da empresa en altorelevo e o chasis un pouco menor, mentres o segundo modelo tiña unha placa co logotipo na mesma posición. Posteriormente, Prológica redeseñou a caixa, engadiu unha saída para monitor de vídeo, fonte de alimentación externa, e relanzou o produto como "CP200S".
Características Memoria: ROM: 8 KiB RAM: 16 KiB (non ampliable internamente) Teclado: mecánico simplificado con retorno auditivo, tipo calculadora, con 43 teclas, incluíndo dúas teclas vermellas que accionadas en conxunto provocaban un reset na máquina. Monitor: 22 X 32 texto (en "vídeo inverso": caracteres claros sobre fondo escuro) 64 x 44 ("semi-gráfico") Expansión: 1 Rañura de expansión de 50 pins (CP200: no lateral; CP200S: na parte traseira) Portos: 1 saída para TV (modulador RF, canle 3) 1 saída para monitor (só no CP200S) Interface de casete 1 conector para panca de mando Almacenamento: Gravador de casete (a 500/1500 bauds)
Notas
Categoría:Ordenadores domésticos