O CP 300 era un computador doméstico brasileiro producido pola empresa Prológica a partir de 1983. Era compatible en software e hardware co TRS-80 Modelo III estadounidense, e podía ser considerado unha versión doméstica e máis barata do CP 500, pois que era comercializado coma unha única paza, nun chasis enteirizo no que se agregaban a UCP, cos portos de entrada e saída, mailo teclado. A fonte de alimentación, con todo, era externa.
Características Memoria: ROM: 16 KiB RAM: 48 KiB Teclado: mecánico simplificado tipo "chiclete", con auto-repetición e 54 teclas, incluíndo dúas teclas vermellas que accionadas en conxunto provocaban un reset na máquina. Display: 16 × 64 texto 16 × 32 texto (expandido) 48 × 128 ("gráfico") Expansión: 1 slot (na traseira) Portas: 1 saída para TV (modulador RF, canle 3) 1 saída para monitor de vídeo Interface de casete Almacenamento: Gravador de casete (a 500/1500 bauds), accionamento remoto por relé Drives de 5 1/4" FS/DD: até catro unidades externas, nun total de 720 KiB
Notas
Categoría:Ordenadores domésticos