Francisco Esmorís Recamán, nado en Corcubión o 15 de outubro de 1893 e finado en Fisterra o 24 de marzo de 1967, foi un médico e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1921, e tamén fixo estudos de Maxisterio. Traballou como médico da mariña civil e a bordo dun vapor inglés, e desde 1924 foi médico en Fisterra, onde tamén daba clases.
Foi patrón maior da confraría de pescadores e membro correspondente da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Foi un grande estudoso da historia de Fisterra. Foi condecorado coa Medalla da Orde Civil de Sanidade por diversos estudos sobre o tifo.
Obras Refranero Fisterrán San Guillermo y su ermita Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Francisco Esmorís Recamán. Obra Selecta. (Biblioteca da Fisterranía, 2021). Edición ao coidado de Modesto Fraga.
Categoría:Médicos de Corcubión Categoría:Nados en Corcubión Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega