Anna Eira Margarida Heiskari, nada en Vantaa o 7 de febreiro de 1990 co nome de Anna Eira Margarida Mourão de Melo e Abreu, é unha cantante pop-dance luso-finlandesa de ascendencia portuguesa, máis coñecida co nome artístico de Anna Abreu.

Traxectoria Acadou sona en 2007 por quedar segunda na terceira tempada do concurso de televisión Idols (ó estilo de Operación Triunfo). Foi a concursante que máis discos vendeu ata 2012, por riba do gañador de calquera edición. Gañou tres premios Emma da industria musical finlandesa e publicou seis discos: Anna Abreu (2007) Now (2008) Just A Pretty Face? (2009) Rush (2011) Greatest Hits (2012) V (2014) Sensuroimaton versio (2016) Teipillä tai rakkaudella 2019)

Ten un irmán máis vello, Emil, e vive coa súa nai en Vantaa, mentres que o seu pai dá clases no Instituto Superior de Agronomia da UTL de Sintra.

Categoría:Cantantes de Finlandia Categoría:Nados en Vantaa Categoría:Nados en 1990