A CG-1.3 e CG-2.3 ou Vía de Altas Prestacións da Costa Norte (na provincia de Lugo, parte do CG-2.3 e na provincia da Coruña, parte do CG-1.3), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de San Cibrao (Cervo) e San Sadurniño; atravesa os concellos de Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Cerdido, Moeche e San Sadurniño. Ten unha lonxitude total e provisional de 80,8 quilómetros (15,55 km en servizo actualmente, 7,87 km corresponde á provincia de Lugo e 7,68 km corresponde á provincia da Coruña; 36,1 km en proxecto; 29,1 km en estudo informativo) e iníciase nun cruzamento coa LU-862 en San Cibrao (Cervo) e finaliza nun cruzamento coa AG-64 en San Sadurniño.
Percorrido
Inicia na rotonda da estrada LU-862 no lugar de Beltrán (concello de Xove), seguindo á ligazón de Xove coa estrada LU-862, coas direccións, un ao oeste ao lugar de Parceiros (mesmo concello) e ao leste a Xove e remata de forma provisional na rotonda da estrada LU-862 no lugar de Auga Doce (concello de Viveiro). Este percorrido corresponde á provincia de Lugo e son os primeiros quilómetros do corredor CG-2.3.
Na parte da provincia da Coruña, corresponde á variante de Ortigueira, inicia na rotonda da estrada AC-862 no lugar de Forno (concello de Ortigueira), pasado sobre o río no viaduto do Baleo, seguindo á ligazón de Ortigueira á estrada AC-862 con direccións, un ao oeste a Ortigueira e outro ao leste ao lugar da Brea (mesmo concello) e remata de forma provisional na rotonda da estrada AC-101 no lugar de Ferreiroas (mesmo concello). Este percorrido corresponde ao corredor CG-1.3.
Os treitos entre Viveiro e Ortigueira atópase en proxecto e estudo informativo e entre Ortigueira e San Sadurniño, atópase en proxecto.
Historia
Expúxose como unha compensación ao trazado que finalmente se lle deu á autovía A-8, que nun principio debía chegar ata Ferrol bordeando a costa norte e cuxo proxecto definitivo desviouse cara ao interior para enlazar coa A-6 en Baamonde, preto de Vilalba, deixando ás comarcas da Mariña Occidental e Ortegal cunhas vías de comunicación claramente deficientes, con trazado moi antigo e que atravesa numerosos núcleos urbanos. Desta maneira necesítanse máis de 2 horas para percorrer os 117 quilómetros que existen entre Ferrol e San Cibrao (Cervo), a unha velocidade media inferior ao 60 km/h. Neste traxecto unicamente contan con trazado moderno a saída de Ferrol cara a San Sadurniño (12 quilómetros pola autovía AG-64) e as variantes de Ortigueira e Xove, de 8,4 e 7,9 quilómetros respectivamente.
O proxecto de construción desta vía foi anunciado no ano 2001 polo entón conselleiro de Obras Públicas Xosé Cuíña e dividiuse en once fases correspondentes con outros tantos treitos, fixándose a súa data de finalización para o ano 2007. Desde o seu inicio o proxecto foi sumando atrasos motivados por problemas orzamentarios nunha contorna de crise e por desacordos dalgúns gobernos municipais co trazado proposto pola Xunta e non sería ata xaneiro de 2009 cando se iniciaron as obras do primeiro dos treitos, correspondente á variante de Ortigueira. En maio de 2010 púxose en marcha o segundo treito que une Celeiro con Beltrán, cuxas obras permaneceron paralizadas durante máis de dous anos ata que se retomaron en setembro de 2014, con conclusión prevista para o mes de decembro de 2016.
O primeiro treito, a variante de Ortigueira, foi inaugurado por Alberto Núñez Feijóo o 2 de xullo de 2013, ten unha lonxitude de 8,4 quilómetros e contou cun investimento aproximado de 48 millóns de euros e o segundo treito é o que une Celeiro e San Cibrao, foi inaugurado o 10 de xaneiro de 2017.
En 2018, anunciara a licitación da redacción de proxecto da construción da ponte de Viveiro, pero paralizou esta licitación polas alegacións dos veciños afectados da zona e o proxecto deixara bloqueado ou caducado ata que en 2023, anunciara de que necesita o consenso dos municipios afectados ao proxecto da nova ponte de Viveiro. O proxecto da nova ponte consta uns 1,8 quilómetros atravesado ao norte de Viveiro sobre a ría de Viveiro. Na actualidade non avanzou aínda este proxecto.
Treitos
Denominación Treito Km Ano servizo / Estado (2024) Beltrán - Celeiro 7,9 2017 Variante de Viveiro Tramo: Celeiro - Covas 17,0 Proxecto caducado (pendente novo proxecto) Covas - O Porto do Barqueiro 10,1 Estudo informativo O Porto do Barqueiro - Espasante 11,0 Estudo informativo Variante de Ortigueira Tramo: Espasante - Ferreiroas 7,7 2013 Ferreiroas - O Campo do Hospital 8,0 Estudo informativo O Campo do Hospital - A Sanguiñeira 11,6 En redacción de proxecto (pendente someter a información pública) (pendente licitación de obras) A Sanguiñeira - San Sadurniño 7,5 Proxecto terminado (sometida a información pública) (pendente licitación de obras)
Notas
Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia de Lugo Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Xove Categoría:Viveiro Categoría:O Vicedo Categoría:Mañón Categoría:Ortigueira Categoría:Cedeira Categoría:Cerdido Categoría:Moeche Categoría:San Sadurniño