miniatura|250px|O porto de Klaipeda miniatura|250px|Situación en Lituania
Klaipeda (en lituano Klaipėda; en samoxiciano Klaipieda; en alemán Memel; en polaco Kłajpeda; en ruso Клайпеда), coñecida historicamente como Memel polas súas ligazón históricas con Alemaña até o fin da segunda guerra mundial, é unha cidade de Lituania situada na costa do mar Báltico, na desembocadura do río Niemen e a entrada da lagoa de Curlandia.
É a terceira cidade do país despois de Kaunas e de Vilnius, a capital provincia ou Condado de Klaipeda e a única cidade de Lituania que dispón dun porto no mar Báltico.
En 2018 tiña uns 164 310 habitantes, dos 202 900 que en tiña en 1989.
Na actualidade, Klaipeda é un porto de transbordadores con conexións con Suecia, Dinamarca e Alemaña.
A cidade foi fundada en 1252 polos cabaleiros da Orde Teutónica (co nome de Memelburg) e ten unha complexa historia causada en gran medida porque é un dos poucos portos da Europa setentrional libre de xeo todo o ano, e ademais porque dependeu politicamente de Lituania, Polonia e Alemaña.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Bibliografía Bled, Jean-Paul (2007): Histoire de la Prusse. París: Fayard. ISBN 978-2-213-62678-9. Koch, H. W. (1984): A History of Prussia. Londres: Longman. ISBN 0-582-48190-2. MacDonogh, Giles (1994): Prussia. Londres: Sinclair-Stevenson. ISBN 1-85619-267-9.
Outros artigos
Escalvianos Orde Teutónica Ducado de Prusia Reino de Prusia Imperio alemán Prusia Oriental Territorio de Memel Estado Libre de Prusia Óblast de Kaliningrado
Ligazóns externas A Terra da Orde Teutónica e MEMEL - KLAIPEDA Historia 1920-1945
Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Historia de Lituania Categoría:Historia de Polonia Categoría:Cidades de Lituania