Marcelo Expósito Prieto, nado en Puertollano (Provincia de Cidade Real) o 29 de maio de 1966, é un artista e activista político español, deputado ao Congreso dos Deputados por En Comú Podem na XI e a XII lexislatura. Foi secretario terceiro da mesa do Congreso dos Deputados

Traxectoria Cursou estudos de Ciencias da Información, os cales abandonou para dedicarse á música experimental e a imaxe. En 1990, desenvolveu residencias de estudo en Maastricht e logo en Ámsterdam, en 1993, para logo si desenvolverse como artista internacional. Conta no seu haber con varias mostras individuais, así como cunha extensa videografía.

Traballa como teórico crítico, editor, curador, tradutor e docente, movéndose entre Barcelona e Buenos Aires. É co-director académico do Programa de Estudos Independentes (PEI) do Museo d'Art Contemporani de Barcelona e profesor asociado na Facultade de Belas artes da Universidade de Castela-A Mancha, Conca. Forma parte da Universidade Nómade e da Rede de Conceptualismos do Sur, así como cofundador e coeditor da revista Brumaria (2002-2006).Biografia al web de Marcelo Expósito A súa relación con Cataluña comeza nos anos oitenta e, desde hai 15 anos vive en Barcelona.

En 2005 coordinou unha extensa investigación sobre arte e política en España desde finais da década de 1960.

Desde 2006 é profesor no Programa de Estudos Independentes (PEI) do Museu d'Art Contemporani de Barcelona e na Facultade de Belas Artes da Universidade de Castela A Mancha (UCLM) en Cuenca. É doutorando na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Buenos Aires.

Entre 2008 e 2010 impartiu tamén docencia, entre outros lugares, na Facultade de Humanidades da Universidade Pompeu Fabra (UPF), Barcelona; Campus Expandido, Museo Universitario de Arte Contemporánea (MUAC), México D.F.; Màster Pensar l'Art Avui, Departamento de Filosofía Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB); mestrado en Comunicación e Crítica de Arte na Facultade de Letras da Universidade de Xirona (UdG); Escola Elisava, Barcelona; Nuova Accademia dei Belle Arti (NABA), Milán e Centro de Investigacións Artísticas (CIA), Buenos Aires.

Traxectoria artística É un dos integrantes do colectivo artístico Banda Á parte. Realizou obras sobre diversos soportes como a fotografía, vídeo e textos interconectando proxectos interdisciplinarios que reformulan as tradicións estéticas. Desde 1989 os seus traballos pretenden contrarrestar os discursos históricos institucionais mediante contranarrativas que reorganizan os referentes históricos. Publicou libros sobre produción cultural, activismo, historia da arte e cine, por exemplo sobre Chris Marker ou Pere Portabella. esquerda|miniatura|Presentación da candidatura "En común podemos"

Traxectoria política Iniciou a súa militancia activista nos movementos sociais na década de 1990 e formou parte do movemento de insubmisión antimilitarista, da organización de protestas antiglobalización e das redes europeas contra a precarización.

Participou en varias plataformas activistas cidadás como Movemento 15-M, Democracia Real Xa e a Plataforma de Afectados pola Hipoteca.

Nas eleccións europeas de 2014 ocupou o posto número sete da lista do Partido X que encabezou Hervé Falciani.

Nas eleccións municipais de 2015 formou parte da dirección executiva de Barcelona en ComúMarcelo Expósito en la web de Barcelona en Comú e foi elixido deputado por En Comú Podem nas eleccións xerais españolas de 2015.Biografia na web de En Comú Podem Actualmente é membro da dirección de En Comú Podem.

Foi nomeado secretario cuarto da mesa do Congreso dos Deputados.

Obras

Algúns dos seus proxectos máis destacados son: Os cadernos de guerra ou Lixeiramente fóra de contexto (1994). Sala Parpalló de Valencia Materiais 1989-1997 (1997). Galería Angelot de Barcelona

Cubos heteroxéneos (2004). III Bienal de Arte Contemporánea de Berlín.

Libros Plusvalías da imaxe. Anotacións (locais) para unha crítica dos usos (e abusos) da imaxe (1993) Materiales 1990-1998: el malestar en la libertad Sala La Gallera, 16-III/19-IV. Valencia: Consorci de Museus de la Comunitat Valenciana, 1998. ISBN 84-482-1758-6 Chris Marker : retorno a la inmemoria del cineasta (obra en colaboración). Valencia : Ediciones de la Mirada, 2000 Modos de facer. Arte crítica, esfera pública e acción directa (2001) Historias sin argumento : el cine de Pere Portabella Valencia : Ed de la Mirada , 2001 Produción cultural e prácticas instituyentes. Liñas de ruptura na crítica institucional (2008) Os novos productivismos (2010)

Premios e recoñecementos Gañou numerosas bolsas, premios e distincións, entre eles Cinema Jove (1991), Nouvelles Images d`Eurocréation (París 1991) e o premio Espais á Crítica de Arte (Xirona, 1997). En 2001 gañou o Premio Espais ao crítica d’art, polos seus traballos historiográficos.

Notas

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Puertollano Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)