Pasas ou Panagia () é unha illa no arquipélago de Oinousses en Grecia. Atópase ao leste de Oinousses, a illa máis grande do arquipélago. A illa pertence a Oinousses na unidade rexional de Quíos. Cunha superficie de 2´448 quilómetros cadrados é a segunda illa máis grande do arquipélago. A illa está deshabitada segundo o censo de 2011, aínda que un garda do faro vive alí habitualmente. O edificio máis importante da illa é o antigo faro. O faro de Pasas foi construído en 1863 e a súa altura é de 8´5 metros. Desde 1995, o faro funciona con enerxía solar.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de illas de Grecia

Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia