San Cibrán é un lugar da parroquia de Santa Baia das Donas, no concello pontevedrés de Gondomar, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2025 tiña 270 habitantes (141 homes e 129 mulleres). Topónimo O topónimo San Cibrán é un haxiotopónimo referido a Cibrán de Cartago. Débese a que no lugar hai unha capela coa dita advocación.

Patrimonio No verán, o derradeiro domingo de xuño ten lugar o curro de San Cibrán, un dos varios que se celebran na Serra da Groba.

miniatura|Cruceiro en San Cibrán.

Lugares e parroquias Lugares de Santa Baia das Donas

Parroquias de Gondomar

Notas

Categoría:Lugares de Gondomar Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos