Irynei-Ivan Ivanovych Nazarko (en ), nado o 7 de xullo de 1905 en Tovstoluh (hoxe Ucraína) e finado en Ottawa o 20 de abril de 1976, foi un sacerdote grecocatólico ucraíno, académico e teólogo. Foi membro da Sociedade Científica Shevchenko dende 1954, e membro da Academia Libre Ucraína das Ciencias, da Sociedade Académica Teolóxica Ucraína e da Sociedade Histórica Ucraína.

Traxectoria Naceu o 7 de xullo de 1905 en Tovstoluh (hoxe Ucraína). Logo de graduarse no ximnasio en Ternopil, entrou no mosteiro de Krekhiv da Orde de San Basilio Magno, e posteriormente graduouse polo seminario de Krystynopil.

O 30 de novembro de 1930 foi ordenado sacerdote, e continuou os seus estudos en Viena e Innsbruck. Foi organizador (1932) da Sociedade Mariana de Lviv, e editor das súas publicacións.

Entre 1941 e 1944 foi abade da Igrexa de San Onofrio de Lviv.

Entre 1946 e 1948 viviu en Alemaña, e en 1948 emigrou ao Canadá. Alí doutorouse en Filosofía na Universidade de Ottawa, e posteriormente foi profesor de Historia da Igrexa nas universidades de Montreal e Ottawa.

En 1953 trasladouse a Roma, onde formou parte da Curia Xeral da súa orde até 1963. Entre 1954 e 1967 foi editor dos Analecta OSBM, e entre 1955 e 1967 reitor do Pontificio Colexio Ucraíno. En 1967 volveu ao Canadá, onde foi párroco en Ontario até 1974, e asistente espiritual para os basilianos na Universidade Católica de Ottawa.

Obra

Notas

Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados na rexión de Ternopil Categoría:Finados en 1976 Categoría:Relixiosos católicos de Ucraína Categoría:Relixiosos católicos do Canadá Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Sacerdotes católicos de Ucraína Categoría:Sacerdotes católicos do Canadá Categoría:Historiadores de Ucraína Categoría:Profesores da Universidade de Ottawa Categoría:Profesores da Universidade de Montreal Categoría:Sacerdotes católicos do século XX