As ebenáceas (Ebanaceae) son unha familia de plantas arbóreas ou arbustivas pertencente á orde Ericales. Componse de case 800 taxons específicos e infraespecíficos aceptados (uns 60 en Euclea e 8 en Lissocarpa) - dos case 2.000 descritos, en xeral de países tropicais.

Descrición Son árbores ou arbustos, xeralmente dioicas, ás veces monoicas ou polígamas. Follas alternas ou raramente opostas, simples, enteiras sen estípulas. Inflorescencias cimosas ou flores solitarias, axilares, actinomorfas, as estaminadas con ovario vestixial e as pistiladas a miúdo con estaminodios; cáliz connado, 3–7-lobado, persistente e a miúdo acrescente no froito; corola de pétalos soldados, 3–7-lobada, imbricada, de prefloración espiral ou ás veces valvada; estames inseridos á base do tubo da corola ou ao receptáculo, xeralmente (1) 2 (–5) veces o número de lóbulos da corola e en 2 verticilos; anteras con dehiscencia lonxitudinal ou ás veces poricida; xineceo sincárpico, estilos 2–8, fusionados a maior parte da súa lonxitude e con aparencia de ser un só, ou ben case libres, ovario súpero, (2) 3–8 (–10)-carpelar, cada carpelo a miúdo partido no medio e entón os lóculos en dobre número que os carpelos, óvulos 1 (2) por lóculo. Froito unha baga xeralmente zumarenta a algo coriácea ou ás veces unha cápsula.

Subfamilias e xéneros

Ebenoideae (Gürke, in H.G.A.Engler & K.A.E Prantl, 1891) Thorne & Reveal, 2007 Diospyros L., 1753 Uns 750 taxons aceptados, dos cales os máis importantes ou coñecidos son: Diospyros buxifolia (Blume) Hiern, 1873 Diospyros celebica Bakh., 1933 Diospyros ebenum J.Koenig ex Retz. Diospyros gallo Wallnöfer, 2000 Diospyros kaki L.f. Diospyros lotus L. Diospyros malabarica Diospyros melanoxylon Roxb., 1795 Diospyros ottohuberi Wallnöfer, 2000 Diospyros paraensis Sothers, 2003 Diospyros rabiensis Breteler, 1994 Diospyros rumphii Bakh., 1933 Diospyros tepu Wallnöfer, 2000 Diospyros virginiana L. Diospyros xavantina Sothers, 2003

Euclea L., in J.A. Murray

Lissocarpoideae (Gilg) B.Walln., 2004 Lissocarpa Benth. Gen. Pl. Bentham & Hooker f. ii. 671,1876 Lissocarpa kating B.Walln., 2004 Lissocarpa ronliesneri B Walln., 2004 Lissocarpa uyat B.Walln., 2004Ebenaceae en The Taxonomicon

Sinonimia Lissocarpaceae

Notas

Véxase tamén Bibliografía Fl. Guat. 24(8): 244–251. 1967; Fl. Pan. 65: 145–154. 1978; C.E. Wood, Jr. e R.B. Channell. Ebenaceae (Ebony family). In: The genera of the Ebenales in the Southeastern United States. J. Arnold Arbor. 41: 17–22. 1960; L. Pacheco. Ebenaceae. Fl. Veracruz 16: 1–21. 1981. Ligazóns externas

PlantSystematic