Enrique Suárez Guntín, nado o 7 de novembro de 1931 no antigo concello de Lavadores (hoxe Vigo) e finado en Vigo o 15 de decembro de 2011 foi un médico galego.
Traxectoria
Comezou a exercer no ano 1960, nunha consulta privada da súa propiedade situada no número 91 da Avenida de Ramón Nieto, foi coñecido coma "o médico dos pobres" dado que atendía de forma gratuíta a quen non podía pagar, sendo moi querido polos veciños da zona de Lavadores e Cabral. Exerceu na súa clínica ata o seu pasamento, no ano 2011.
Recoñecementos
No ano 1997 foi galardoado como Vigués distinguido No ano 2014 unha rúa da parroquia de Lavadores foi bautizada co seu nome
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Cesáreo Corbal Ligazóns externas Antón, Soledad (16/12/2011). «El médico de los pobres muere con el fonendo puesto» La Voz de Galicia Franco, Fernando (16/12/2011). «El médico de los pobres» Faro de Vigo .
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Médicos de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Vigo Categoría:Vigueses distinguidos