Alejandro Rodríguez Lema, nado en Calo (Vimianzo) o 1 de xaneiro de 1938 e finado no mesmo concello o 4 de xullo de 2020,adiós a Alejandro de Vimianzo foi un político galego do PSdeG-PSOE. Foi alcalde de Vimianzo durante vinte e catro anos, entre 1987 e 2011.
Traxectoria Emigrou a Venezuela en 1957, onde militou en Acción Democrática, xerme do Partido Socialista Democrático. Retornou en 1969 para novamente marchar a Suíza, e por un tempo estivo en Londres. A principios dos anos setenta retornou e montou unha tenda en Casais. Nas primeiras eleccións democráticas foi o número dous da candidatura do PSdeG-PSOE, ecabezada por Eduardo Lema Fernández, que a pesar de ter seis concelleiros estivo na oposición. Nas eleccións municipais de 1983 volveu ser o segundo da lista do PSdeG tras Lema, obtendo nesta ocasión a alcaldía e sendo nomeado tenente de alcalde. Nas municipais de 1987 volveu repetir o segundo posto na lista, pero ao dimitir Eduardo Lema como alcalde ás poucas semanas de ser elixido, foi elixido novo alcalde no mes de agosto.
Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 1991 e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas seguintes eleccións de 1995, 1999 e 2003 volveu revalidar a alcaldía por maioría absoluta. Foi deputado na Deputación da Coruña entre 2005 e 2007. Nas municipais de 2007 logrou novamente a alcaldía, pero nesta ocasión por maioría simple.
En marzo de 2009 foi expedientado pola executiva autonómica do PSdeG-PSOE por pedir que se non se votaba aos socialistas, se votase antes ao PPdeG que ao BNG nas eleccións ao Parlamento de Galicia , sendo en novembro dese mesmo ano definitivamente expulsado dado ó seu rexeitamento ás políticas de pactos da dirección do seu partido co Bloque Nacionalista Galego, partido o cal o sometía a unha dura oposición en Vimianzo e que incluso chegou a negociar un pacto co PPdeG en 2007 para afastalo da alcaldíaPP y BNG de Vimianzo iniciaron sus contactos y Mouzo ve posible un pacto en Corcubión.
En 2010 creou o partido Independientes por Vimianzo para afrontar as eleccións municipais de 2011 que acabaría por perder fronte o candidato do BNG Manuel Antelo, quen encabezou un pacto de goberno do PSdeG-PSOE. Non chegou a recollela acta de concelleiro e foi substituído na portavocía do partido pola súa sobriña Mónica Rodríguez Ordóñez.
En 2013 o partido que el lideraba foi un dos impulsores, xunto co PP e dous edís tránsfugas do PSdeG-PSOE, dunha moción de censura contra Manuel Antelo, que había roto o pacto cos socialistas en outubro de 2011. Esta iniciativa, encabezada por un dos edís exsocialistas, acabou por fracasar tras ser levada aos tribunais por irregularidades na súa tramitación.
Nunha entrevista en agosto de 2014, pese a seguir sen formar parte do partido, manifestou a súa confianza nos novos líderes socialistas a nivel nacional e autonómico, Pedro Sánchez e Xosé Ramón Gómez Besteiro«El alcalde debe de tener la lengua podrida de mentir».
Nas eleccións municipais de 2015 a súa sobriña Mónica Rodríguez Ordóñez foi a candidata polas listas do partido independente á alcaldía do Concello. En setembro dese mesmo ano anunciouse que el e máis o seu irmán Manuel serían xulgados por presuntos delitos de fraude e prevaricación administrativa por mor dun suposto concurso irregular e sobrecusto nas obras de construción da Casa da Cultural da capital municipal..
En xullo de 2018 os membros de Independentes volveron ao PSdeG-PSOE, con Mónica Rodríguez Ordóñez como candidata para as eleccións municipais de 2019https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/vimianzo/2018/07/15/independientes-vimianzo-regresa-psoe-siete-anos-despues/0003_201807C15C4991.htm. Finalmente, os socialistas lograron a vitoria e recuperaron a alcaldía vimiancesa.
Vida persoal En outubro de 2009 protagonizou unha discusión con dous axentes da Garda Civil despois dun accidente de tráfico padecido por unha terceira persoa. Este incidente acabou con denuncias mutuas.
En abril de 2014 foi condenado por un delito de coaccións leves sobre a súa ex parella após a ruptura da relación sentimental que mantiñan.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Vimianzo
Categoría:Galegos de Venezuela
Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Vimianzo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes