A Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios é a cidade onde adestra o primeiro equipo do Sevilla FC e onde xoga os seus partidos o filial Sevilla Atlético. Ademais é o lugar de adestramento e campo local das categorías inferiores e do equipo feminino. Atópase en Sevilla, na estrada de Utrera, e inaugurouse en 1974.
Ocupa unha superficie de 250.000 m² e leva o nome do que foi presidente do club durante a década de 1960, José Ramón Cisneros Palacios, que propuxo dotar ao club de novas instalación. A primeira parte da cidade construíuse en 1968, ano no que se inauguran 125.000 m² (50% da superficie actual). Completáronse as instalacións en 1974, con Eugenio Montes Cabeza como presidente.
Instalacións O estadio central da cidade, coñecido como Viejo Nervión, inaugurado en 1987 con capacidade para 5.100 espectadores. É o campo local do Sevilla Atlético, equipo filial do Sevilla FC. 4 campos de céspede natural. 3 campos de céspede artificial. 1 campo pequeno de céspede artificial para a escola de fútbol Antonio Puerta. Centro deportivo con ximnasio.
Véxase tamén Sevilla Fútbol Club Estadio Ramón Sánchez Pizjuán
Ligazóns externas Información na web oficial do Sevilla FC
Jose Ramon Cisneros Palacios Categoría:Sevilla FC