Santiago de Fontao é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 218 habitantes (105 mulleres e 113 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.

Patrimonio

miniatura|Minas da Brea.

Na parroquia localízase o antigo poboado mineiro de Fontao, onde residían os mineiros que explotaban a mina próxima de volframio que estivo aberta de 1934 a 1963 e de 1968 a 1973. No período de máximo esplendor, entre 1939 e 1945, o poboado tiña 3.000 habitantes (máis 800 reclusos políticos que durmían na cadea), unha clínica hospitalaria, tres cines, 33 bares e un café-teatro. Entre os reclusos que traballaron nas minas para redimir penas estivo o anarcosindicalista pontevedrés Desiderio Comesaña Prado. O poboado proxectárono os arquitectos César Cort e Basilio Blas en 1954. Na actualidade todas as antigas vivendas dos traballadores da mina están reconstruídas. O proxecto de reconstrución foi obra do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sendo inaugurada por Manuel Fraga Iribarne cando era presidente da Xunta de Galicia.

Lugares e parroquias Lugares de Fontao

Parroquias de Vila de Cruces

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vila de Cruces Ligazóns externas 15px A luz do negro. O volframio da Brea e o poboado do Fontao Consello da Cultura Galega.

Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior