San Mamede de Loño é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE de 2012 tiña 111 habitantes (61 mulleres e 50 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 156 habitantes.

Etimoloxía O nome provén da Ínsula Laonio (Illa Loño), península de terra que formaban na súa confluencia o río Ulla e o seu afluente o Arnego e que en 1967 foi inundada polo encoro de Portodemouros.

Historia En Loño celebrábase antigamente unha romaría, que adquiriu gran popularidade. Posteriormente, a aldea de Loño formouse arredor do Santuario de Santa Margarita, construído en 1777 polo párroco José Antonio Ponte Monterroso, para instalar alí a imaxe da santa e dar acubillo aos romeiros que alí acudían.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Loño

Parroquias de Vila de Cruces

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vila de Cruces

Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede