Tino rangatiratanga é unha palabra maorí que quere dicir "soberanía absoluta". Tamén é o nome dunha bandeira coa que se identifica o pobo maorí en actos públicos e manifestacións. Aparece na versión maorí do Tratado de Waitangi, asinado pola Coroa Inglesa e os xefes Maories (rangatira) en 1840. Converteuse nunha das frases máis polémicas na análise retrospectiva do Tratado, no medio do debate en torno ás obrigacións acordadas por cada un dos máis de 500 signatarios. A frase dispón no discurso histórico e político actual sobre as relacións raciais en Nova Zelandia, e é moi usada polos grupos en defensa dos maorís. En 1990 deseñouse unha bandeira baseada no tino rangatiratanga, que foi aceptada como bandeira nacional para os grupos maorís ó longo de Nova Zelandia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Movemento maorí Bibliografía Tino Rangatiratanga mail list Maori leaders clash over flag's new role en The New Zealand Herald
Categoría:Pobo maorí Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras de Nova Zelandia