10,000 Maniacs é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 1981. Tras 35 anos de carreira o grupo continúa actuando e publicando material, tendo editado ata a data nove álbums de estudio, seis EPs e tres álbums ao vivo, varios deles conseguindo a certificación de discos de platino.
O grupo acadou un significativo éxito entre 1987 e 1993, cando lanzou catro álbum que chegaron ao top 50 nos Estados Unidos: In My Tribe (1987), Blind Man's Zoo (1989), Our Time in Eden (1992),e o álbum ao vivo MTV Unplugged (1993). Tras a gravación (pero antes do lanzamento) do MTV Unplugged, a cantante principal e compositora orixinal Natalie Merchant deixou a banda para seguir unha carreira en solitario, continuando o resto dos membros co grupo.
Discografía Álbum Ano Selo Secrets of the I Ching 1983 Christian Burial Music, Mark Recordings The Wishing Chair 1985 Elektra Records In My Tribe 1987 Elektra/BMG Blind Man's Zoo 1989 Elektra Records Our Time in Eden 1992 Elektra Records Love Among the Ruins 1997 Geffen Records The Earth Pressed Flat 1999 Bar/None Records Music from the Motion Picture 2013 Ruby Wristwatch Twice Told Tales 2015 Cleopatra Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Nova York Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de jangle pop Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de soft rock