San Vicenzo de Cerponzóns é unha parroquia situada ao norte do concello de Pontevedra. No ano 2015 tiña 806 habitantes (366 homes e 385 mulleres), nove menos ca en 2004 (424 mulleres e 391 homes segundo o padrón municipal) e 39 menos ca en 1999. Ten trece entidades de poboación.
Limita con Alba, Verducido e Lérez. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en 1868 ao de Pontevedra.
Patrimonio A igrexa parroquial é un templo orixinario do século XII con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicenzo mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o río Lérez e a ría de Pontevedra.
Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.
A ruta portuguesa do Camiño de Santiago entra en Cerponzóns pola ponte de San Caetano, sobre o río Rons. Río arriba, preto do seu nacemento, está o encoro de Pontillón de Castro, lugar empregado decote para celebrar competicións de piragüismo.
Mentres se construía o camiño real de Pontevedra a Santiago de Compostela, en 1797 o arcebispo Malvar mandou construíu unha ponte para salvar o río Rons. Por ese camiño discorre a estrada N-550 que atravesa a parroquia, se ben en 1997 se construíu unha ponte paralela"El puente de Cerponzóns", artigo de Milagros Bará en Diario de Pontevedra, 28 de outubro de 2015..
Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicenzo) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais.
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Cerponzóns
Parroquias de Pontevedra
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pontevedra Bibliografía
Categoría:Parroquias de Pontevedra Categoría:Localidades do Camiño Portugués Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo