San Martiño de Verducido é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 913 habitantes (434 homes e 479 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve.
Situación Ocupa un terreo montañoso, accidentado polos outeiros das Pasadellas, das Pedreiras e do Campo de Bois e no que destaca o monte Acival, que supera os 600 metros de altitude. Ten paisaxes naturais que nos levan á evasión como as que se poden contemplar nos arredores do encoro do Pontillón do Castro, reserva de auga da cidade de Pontevedra e refuxio de aves que conta na súa proximidade cunha gran zona de lecer.La nueva vida del Pontillón do Castro, La Voz de Galicia, 23-9-2010 .
No cumio dun monte próximo sitúase un miradoiro cunha escultura en pedra dedicada aos canteiros. Desde aquí, ademais dunha canteira de granito moi próxima, pódese divisar o contorno da cidade de Pontevedra.
A igrexa parroquial foi totalmente reedificada durante o século XVIII e que inclúe no seu conxunto unha peza abovedada anterior que se cre podería ter sido unha antiga sancristía.
A festa patronal é o día 12 de novembro (san Martiño), pero tamén se celebran san Breixo, santa Bárbara e o Corpus Christi.
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Verducido
Parroquias de Pontevedra
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Pontevedra
Categoría:Parroquias de Pontevedra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Martiño de Tours