miniatura|En cor azul o rodapé nunha parede.

O rodapé ou zócolo é a franxa na parte inferior dunha parede que está pintada dunha cor distinta a esta ou feita doutro material.. O termo friso refírese só á faixa cando se pinta doutra corGran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 e non ter que ir obrigatoriamente a rentes do chan.

Os rodapés adoitan estar formados por un conxunto de táboas de madeira, aínda que, como dixemos, pode tratarse doutro material como pedra, mármore, plástico, cerámica etc, sendo a súa finalidade protexer a parede de patadas, desgaste e da sucidade do chan ou durante a súa limpeza, e, por veces, decoralaVV. AA. (2012) Vocabulario forestal, Universidade de Santiago de Compostela, Deputación de Lugo.. A colocación da tira faise ao redor das paredes de aí o nome roda+pé. O rodapé pode ir pegado ou parafusado á parede. Algúns rodapés ou zócolos teñen adornos con fins decorativos.

Tamén se coñece co nome de rodapé á parte final dun texto ou páxina, que non pertence ao seu corpo, tamén chamado simplemente de pé.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Parede

Categoría:Elementos arquitectónicos Categoría:Decoración