A ponte de Sárdoma, tradicionalmente a ponte Abeleira, é unha pontiña medieval que cruza o río Lagares na parroquia viguesa de Sárdoma, preto do pazo da Caracola. Podería ter unha orixe romana, se ben a actual ponte vénse utilizando polo menos dende o século XII. Características
A ponte, de cantaría de granito de perpiaños regulares, é sinxela, cunha plataforma recta (non ten a fasquía típica de subida e baixada das pontes medievais, coma a de Castrelos), ten 10 m de longo, e salva o río grazas a dous arcos de medio punto. Conta, ademais, cun tallamar central.
O estado de conservación é bo; a ponte asfaltárase para dar acceso ao pazo, porén a camada de asfalto foi retirada hai uns anosPonte en Turismo de Vigo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ponte de Sárdoma en Galicia Máxica
Outros artigos Ponte de Castrelos
Sárdoma Categoría:Arquitectura civil en Vigo Categoría:Arquitectura románica en Galicia