John Howard Carpenter, nado en Carthage (Nova York) o 16 de xaneiro de 1948 é un director, guionista, produtor, montador e compositor estadounidense, habitualmente asociado aos xéneros do terror e a ciencia ficción.

Traxectoria Carpenter naceu no estado de Nova York, fillo de Milton Jean Carter e do profesor de música Howard Ralph Carpenter. A súa familia mudouse a Bowling Green, Kentucky en 1953. Dende novo foi cativado polos fimes, especialmente os westerns de Howard Hawks e John Ford, e mais polos filmes de terror de orzamento baixo da década de 1950. Comezou a dirixir curtametraxes de terror en 8 mm antes de entrar no instituto. Ingresou na escola de cinema da Universidade do Sur de California en 1968, mais abandonouna tras realizar o seu primeiro filme.

Tras participar en varias curtametraxes realizando diferentes tarefas, dirixiu a comedia negra Dark Star (1974). Porén, Carpenter afirmou que considera que o seu primeiro filme realmente é Asalto á comisaría do Distrito Trece (1976). Dous anos despois dirixiu o grande éxito Halloween, ao que seguiron outros filmes como The Fog (1980) e 1997: Rescate en Nova York (1981).

Tralo fracaso da comedia Big Trouble in Little China (1986), Carpenter viuse obrigado a volver realizar filmes con pouco orzamento. Na década de 1990 continuou o seu declive comercial e tras Fantasmas de Marte (2001) iniciou un retiro que interrompeu coa estrea de The Ward en 2010.

Discografía Lost Themes (2015) Remix EP (2015) Lost Themes Remixed (16 de outubro de 2015)

Filmografía Dark Star (1974) Asalto á comisaría do Distrito Trece (1976) Someone's Watching Me! (1978) (TV movie) Halloween (1978) Elvis (1979) (TV movie) The Fog (1980) 1997: Rescate en Nova York (1981) The Thing (1982) Christine (1983) Starman (1984) Big Trouble in Little China (1986) Prince of Darkness (1987) They Live (1988) Memoirs of an Invisible Man (1992) Body Bags (1993) (telefilme) In the Mouth of Madness (1994) Village of the Damned (1995) 2013: Rescate en L.A. (1996) Vampires (1998) Fantasmas de Marte (2001) The Ward (2010)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Conrich, Ian; Woods, David eds (2004). The Cinema of John Carpenter: The Technique of Terror (Directors' Cuts). Wallflower Press. ISBN 1-904764-14-2. Hanson, Peter; Herman, Paul Robert eds. (2010). Tales from the Script (Paperback ed.). Nova York, NY: HarperCollins Inc. ISBN 978-0-06-185592-4. Muir, John Kenneth. The Films of John Carpenter, McFarland & Company, Inc. (2005). ISBN 0-7864-2269-6. Ligazóns externas Páxina oficial

artist information/discography page at Original Soundtrack Info

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York (estado) Categoría:Nados en 1948 Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América