Denomínase columnas galegas unha parte do exército franquista e xerme do "Corpo do Exército de Galicia", división orgánica do "Exército do Norte" durante a Guerra Civil española.
Historia e características A primeira columna galega foi creada o 28 de xullo de 1936 en Lugo co obxectivo de penetrar en Asturias para axudar as tropas sublevadas en Xixón e logo desmontar o asedio republicano a Oviedo. (2011): Las columnas gallegas hacia Oviedo: diario bélico de la guerra civil española. Nigra Trea Esta columna estivo ao mando do comandante José de Ceano Vivas, xefe da gornición de Ourense, que partiu desde Lugo con máis de 1.000 homes, divididos en 6 columnas (tres de fusileiros, unha de metralladoras, unha de gardas de asalto e outra de voluntarios), acompañadas dunha sección de morteiros e unha batería de artillaría de montaña. Cando o Comandante Ceano foi ferido, foi substituído polo Tenente Coronel Jesús Teijeiro Pérez.
A segunda columna formouse en Lugo o 1 de agosto, ao mando do comandante Marcelino López Pita. No seu avance tivo que ir por outro camiño ao ser a súa ruta cortada pola voadura dunha ponte, e tomar o control da zona mineira de Ponferrada para así atacar desde o sur.
A terceira columna creouse o 4 de agosto, ao mando do comandante Ollo, co obxectivo de reforzar a segunda columna en Ponferrada, coa fin de tomar Asturias desde a costa e o sur, pero debido á resistencia republicana tiveron que se unir a segunda columna á primeira o 7 de agosto. Debido á tardanza, o xeneral Mola destituíu ao xeneral Bosch, que desde Galicia coordinaba os ataques das columnas, tomou seu lugar o coronel Martín Alonso. Debido a que os sublevados remataron por renderse ante o asedio republicano a Xixón, os obxectivos das columnas pasaron a ser o de destruír o asedio republicano a Oviedo, contactando a 1º e 3º columnas e iniciando o ataque ás milicias que asediaban Oviedo, conseguindo enlazar o 16 de outubro coas tropas sublevadas da capital e desmontar o sitio á cidade, que quedou conectada a territorio sublevado de Galicia a través dun estreito corredor.
Durante os combates os soldados galegos tiveron a ocorrencia de vestiren insignias téxtiles simulando peixes e mariscos, recibindo o alcume de "mariscos", (2007): Urbano Lugrís. Viaxe o corazón do Océano. Ediciós do Castro. tendo máis éxito o emblema dun cangrexo vermello.
Entre os recrutados nesta forza de choque estiveron Celso Emilio Ferreiro e Urbano Lugrís González (mentres seu irmán Secundino pelexaba no V Rexemento). A existencia destas unidades fixo que os políticos galegos en Madrid (Castelao e Santiago Álvarez) formasen as Milicias Galegas entre outras cousas para amosar que os galegos tamén defendían á República segundo testemuños dun dos seus creadores.
Notas
Categoría:Guerra civil española en Galicia